Michael Ray Fuljenz, nado o 7 de agosto de 1954, é un empresario, numismático e autor estadounidense, presidente da compañía de comercio numismático de investimento Universal Coin & Bullion. Traxectoria

Primeiros anos e formación Michael R. Fuljenz creceu en Lake Charles, Luisiana, e alí se graduou do ensino secundario no instituto LaGrange en 1972.Barras, A. C. (2023). "Lake Charles native honored with coin-collecting award". En 7KPLC (kplc.com). 1 de agosto.

A súa afección pola numismática comezou na súa infancia na década de 1960, da man do seu avó, e traballou cortando céspede ata que aos 12 anos puido mercar cos seus aforros a súa primeira moeda estadounidense de ouro."Mike Fuljenz to Receive Chester L. Krause Memorial Distinguished Service Award". En Numismatic News. 1 de agosto de 2023.

Cursou o seu ensino superior na Universidade do Suroeste de Luisiana, onde en 1977 se graduou en Química e Bioloxía."Our Expert's Resume". Universal Coin & Bullion, Ltd. (universalcoin.com). Durante un tempo, exerceu como profesor de Química no ensino secundario."COINage Confidential: Michael Ray Fuljenz". En COINage (coinagemag.com).

Traxectoria como numismático Entre 1971 e 1974 presidiu o Club de Moedas do Suroeste de Luisiana, e ese último ano responsabilizouse da Convención Estatal de Numismática de Luisiana.

En 1981 ingresou na American Numismatic Association (ANA) e presidiu o servizo de cualificación e autenticación da entidade, ANACS. De 1982 a 1998 impartiu docencia nos seminarios de verán da ANE,Smith, P. (2025). sobre detección de falsificacións, cualificación de moedas, e emisións de ouro e conmemorativas.

No ámbito empresarial, en 1995 Fuljenz accedeu á presidencia de Universal Coin & Bullion, unha compañía con sede en Beaumont, Texas, dedicada á compravenda de moedas de investimento e moedas raras dos Estados Unidos.

En 1982 ingresou como membro no Professional Numismatists Guild. Tamén traballou como consultor, entre outros organismos, da Comisión Federal de Comercio, do Servizo Postal dos Estados Unidos, da Administración de Servizos Xerais, da Casa da Moeda dos Estados Unidos, e da Real Casa da Moeda do Canadá.

En 2021 foi incluído na listaxe de persoas máis influentes na numismática entre 1960 e 2020.Coin World: Celebrating 60-The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Amos Media. (2021). Páxina 26.

Ademais, Fuljenz é moi recoñecido polo seu labor como filántropo. Fixo numerosas doazóns á ANA para fins diversos, entre eles o Museo do Diñeiro Edward C. Rochette en Colorado Springs, Colorado. Igualmente realizou doazóns a moitas outras organizacións sen ánimo de lucro á marxe da numismática.

Vida persoal Michael R. Fuljenz casou con Karen Fuljenz, con quen tivo un fillo e unha filla.

Recoñecementos

2007: Premio 3T (Time, Talent and Treasure), da Universidade Lamar. 2013: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild. 2013: Premio Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association (ANA)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association (Money.org). 2023: Premio Chester L. Krause Memorial, da ANA. 2015: Doutoramento Honoris Causa en Letras pola Universidade Estatal McNeese. 2021: Premio Harry J. Forman ao Comerciante do Ano, da ANA.

Publicacións

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables publicados por Michael R. Fuljenz ao longo da súa traxectoria:

(2001). A Collector’s Guide to Indian Head Quarter Eagles. Autoedición. (2010). Indian Gold Coins of the 20th Century. Subterfuge Publishing. ISBN 978-0981948898 (2009). Type III Double Eagles 1877-1907: A Numismatic History and Analysis. Subterfuge Publishing. ISBN 978-0981948805 (2008). Type II Double Eagles 1866-1876: A Numismatic History and Analysis (con D. Winter). ISBN 978-0965241304

Notas

Véxase tamén Bibliografía Smith, P. (2025). "Fuljenz, Michael R(ay)". En American Numismatic Biographies. Páxina 164.

Ligazóns externas Sitio web de Mike Fuljenz

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Personalidades sen imaxes