O río Kasari (en estoniano: Kasari jõgi) é un río do oeste de Estonia que desemboca na baía de Matsalu, que forma parte do Väinameri, no mar Báltico. É o río máis caudaloso da Estonia occidental.

O seu curso superior e medio tamén recibe o nome de Teenuse jõgi. Ten unha lonxitude de 112 km, unha cunca hidrográfica de 3 210 km² e un caudal medio de arredor de 25 m³/s. Segundo o rexistro ambiental estoniano EELIS, o río nace no condado de Rapla e desemboca no mar no termo do municipio de Lääneranna.

Entre os seus principais afluentes atópanse os ríos Vigala, Liivi, Vardi e Luiste.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Ríos de Estonia