As sagas de reis (Konungasögur) son un tipo de saga que narran a vida de reis escandinavos, compuxéronse por autores islandeses entre os séculos XII e XIII, e a través de escolmas a súa influencia chegará ata o século XIV.

As fontes destas sagas son relatos de testemuñas, poemas escáldicos e a tradición local. Os autores nun primeiro momento eran membros do mundo eclesiástico pero logo abundaron tamén os leigos. O escritor máis importante foi Snorri Sturluson, a súa Heimskringla é unha escolma de sagas de reis cun total de dezaseis alén do prólogo.

Lista de Sagas de reis

Hryggjarstykki de Eiríkr Oddsson, ca. 1150, perdida. Historia Norvegiæ, ca. 1170. Historia de Antiquitate Regum Norwagiensium de Theodoricus monachus, ca. 1180. Skjöldunga saga, ca. 1180. Saga antiga de San Olaf, ca. 1190. Ágrip af Nóregskonungasögum, ca. 1190. Sverris saga, de Karl Jónsson, ca. 1205. Morkinskinna, ca. 1220 Fagrskinna, ca. 1220. Óláfs saga helga de Styrmir Kárason, ca. 1220. Böglunga sögur, ca. 1225. Heimskringla de Snorri Sturluson, ca. 1230. Knýtlinga saga, probablemente de Ólafr Þórðarson, ca. 1260. Hákonar saga Hákonarsonar, de Sturla Þórðarson, ca. 1265. Magnúss saga lagabœtis, de Sturla Þórðarson, ca. 1280, consérvanse fragmentos. Hulda-Hrokkinskinna, ca. 1280. Óláfs saga Tryggvasonar en mesta, ca 1300.

Categoría:Literatura medieval