Joaquín Maldonado Macanaz, nado en Íscar, provincia de Valladolid, o 16 de febreiro de 1833 e finado en Madrid o 17 de setembro de 1901, foi un xornalista e historiador español, académico da Real Academia da Historia. Traxectoria

Por parte do pai, era descendente de Francisco Maldonado, un fidalgo vencido na batalla de Villalar, e por parte materna descendente de Melchor de Macanaz, ministro de Filipe V de España. En 1856, licenciouse en Filosofía e Letras e foi catedrático de Historia colonial na Universidade de Madrid.

Carreira periodística Como periodista, comezou dirixindo La Unión, e foi redactor de El Criterio, El Montepío Universal e, en 1859, de El Diario Español.

Pertecenceu á redacción de La Época, dende 1866 a 1900,Ossorio y Bernard (1901), p. 248 en que o dirixiu. Publicou artigos en La Nación, La Discusión, La Iberia e Semanario Pintoresco Español. Tamén foi redactor de El Cronista e colaborou en La Gaceta e Revista de España. Durante algúns anos dirixiu El Acta.

Escribiu crónicas sobre a Exposición Universal de París de 1867.

Foi membro da Real Academia da Historia desde 1894 e do Ateneo de Madrid.

Carreira política Nas eleccións de 1876, obtivo unha acta de deputado polo distrito de Sequeros, na provincia de Salamanca, polo Partido Liberal-Conservador.Pasamar Alzuria & Peiró Martín (2002), pp. 378-379

Posteriormente, foi nomeado director xeral de Instrución Pública, e foi senador pola Universidade de Salamanca entre 1891 e 1893 e entre 1896 e 1898. Obras «Biografía de don Álvaro de Navia y Osorio, marqués de Santa Cruz de Marcenado, vizconde del Puerto, fundador de la Academia de la Historia» (1853). «El barón de Riperdá» (1854). «Auto-biografía. Qué cosa es en el día un literato y qué ha venido á ser la vida literaria» (1856). Crónica de la provincia de Burgos (Madrid, 1866). Crónica general de España, o sea Historia ilustrada y descriptiva de sus provincias, sus poblaciones más importantes de la Península y de Ultramar, dirigida per Cayetano Rosell (Madrid, 1868). Principios generales del arte de la colonización (2ª ed., Madrid, 1875). Regalías de los señores Reyes de Aragón (Madrid, 1879). España y Francia en el siglo XVIII (Madrid, 1886). Historia del reinado de Felipe V y del advenimiento de la casa de Borbón al trono de España (Madrid, 1891). Voto y renuncia del rey don Felipe V (Madrid, 1894).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1833 Categoría:Nados en Íscar Categoría:Finados en 1901 Categoría:Catedráticos da Universidade Central de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Políticos do Partido Conservador (España) Categoría:Senadores de España Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Historiadores de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados