Catalunya Diu Prou foi unha plataforma que apoiaba accións que buscarían levar a Cataluña e os Países Cataláns no seu conxunto á independencia. O movemento comezou na primavera do 2012 como unha iniciativa duns trinta empresarios que querían promover a insubordinación fiscal. En 2014, uns setenta concellos seguiran o consello da plataforma de pagar impostos á Axencia Tributaria de Cataluña (ATC) e figuras destacadas como Ernest Margall seguiran o exemplo.
Accións destacadas Ó promover a insubordinación fiscal en España, pretende obter a plena soberanía fiscal para Cataluña e garantir que os impostos cataláns permanezan en Cataluña. Por iso, dende abril de 2012, inicialmente oito empresarios e autónomos, pagaron os seus impostos (IRPF e IVE) é ATC en lugar de facerllo á axencia española. Máis tarde, sumáronse os concellos de Gallifa e Alella. En febreiro do 2013, a Associació de Municipis per la Independència aprobou pedir a todos os seus concellos que tamén pagasen os seus impostos á Axencia Tributaria de Cataluña. En xullo do 2013, eran xa cincuenta concellos, e no 2014 unha setenta.
A entidade ofreceu aos cataláns residentes no estranxeiro a posibilidade de presentar unha denuncia colectiva contra os responsables de impedir que miles de persoas votasen desde o estranxeiro nas eleccións catalás do 25-N do 2012. A entidade denunciou unha "denegación sistemática" de votos por parte de embaixadas e consulados, baseada en grandes dificultades e na imposibilidade de obter documentación. En colaboración coa páxina web Catalans al món, recolléronse arredor de corenta denuncias e máis de 450 queixas de cataláns no estranxeiro e presentáronse ante o xulgado.
A organización denunciou ó coronel en reserva, Francisco Alamán Castro, por ameazaren cunha intervención militar contra Cataluña e incitar á violencia contra o soberanismo, desprezando o estado de dereito e a democracia. A denuncia interpúxose por «ameazas, sedición e apoloxía do xenocidio, entre outros delitos». O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña aceptou a demanda, mais o fiscal resolveu arquivala baixo o argumento da liberdade de expresión, comparando o seu discurso violento co do dereito a decidir.
Ofreceu asesoramento xurídico ós participantes da campaña No vull pagar. Tamén as dúas principais entidades de Catalunya Diu Prou, Ara o Mai e o Centre Autonomista de Dependents del Comerç i de la Indústria (CADCI), asinaron en sesión parlamentaria un documento de defensa xurídica conxunta dos participantes, xunto cos partidos ERC, Solidaritat Catalana per la Independència, Reagrupament e CUP.
A organización, impulsada por Carme Teixidó, progresivamente deixou de ter actividade.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Independentismo catalán