Breixo Corral Campos é un guionista e director galego, coñecido principalmente polo seu traballo no cinema e na televisión, especialmente en colaboración co tamén guionista Pablo Alén.
Traxectoria Iniciou a súa carreira profesional como guionista de televisión en series producidas por Globomedia, entre elas Los hombres de Paco, Los Serrano e El Internado, onde coñeceu a Pablo Alén, co que formaría unha parella creativa estable.
En 2013 acadou gran repercusión co guión da longametraxe Tres bodas de más, dirixida por Javier Ruiz Caldera e protagonizada por Inma Cuesta, Martiño Rivas, Paco León e Quim Gutiérrez. O filme foi nomeado ao Premio Goya ó mellor guión orixinal.
Posteriormente participou como coguionista en Anacleto: agente secreto (2015), adaptación cinematográfica da banda deseñada de Manuel Vázquez.
A súa filmografía inclúe tamén títulos como No culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas (2016), ¿Qué te juegas? (2019), Mari(dos) (2023) e a serie Élite. En 2019 codirixiu e escribiu a curtametraxe El cumple.
En 2025 participou como creador e guionista da serie Legado para Netflix.
Filmografía destacada Tres bodas de más (2013) Anacleto: agente secreto (2015) No culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas (2016) ¿Qué te juegas? (2019) El cumple (2019) Mari(dos) (2023) Legado (2025)
Notas
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra