O Instituto Caro y Cuervo é un centro colombiano de estudos superiores en literatura, filoloxía e lingüística da lingua castelá e das linguas nativas de Colombia, chamado así na honra dos humanistas e filólogos colombianos Miguel Antonio Caro e Rufino José Cuervo Urisarri. Creado pola Lei 5a. de 1942, o Instituto posúe unha traxectoria de máis de oitenta anos na salvagarda do patrimonio lingüístico de Colombia. As súas sedes son: a Casa Cuervo Urisarri, situada no barrio histórico da Candelaria, e a Facenda Yerbabuena, no concello de Chía (Cundinamarca).

É unha entidade adscrita ao Ministerio das Culturas, as Artes e os Saberes. A súa área académica e docente é coordinada pola Facultade Seminario Andrés Bello, a cal ofrece seis mestrados, así como diplomados e cursos de extensión. Os programas de posgrao son: Mestrado en Escritura Creativa, Mestrado no Ensino do Castelán como Lingua Estranxeira e Segunda Lingua (modalidade presencial e virtual), Mestrado en Estudos Editoriais, Mestrado en Lingüística e Mestrado en Literatura e Cultura.

Ademais de centro de estudos e de investigación, o Instituto tamén leva a cabo actividades como centro cultural. Ademais, ten dependencias como a Biblioteca José Manuel Rivas Sacconi, unha área de museos e a emisora cultural CyC Radio.

Recoñecementos No ano 1999 foi galardoado co Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Linguas de Colombia

Categoría:Premios Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades Categoría:Universidades de Colombia