Carl Ludwig von Hablitz, nado o 2 de abril de 1752 e finado o 9 de outubro de 1821, tamén coñecido como Karl Ivanovich Gablits (Карл Ива́нович Га́блиц), foi un botánico ruso nacido en Prusia.

Biografía miniatura|esquerda|Portada do libro de Carl Ludwig Hablitz Descrición física da área Táurida, a súa posición e tres imperios da natureza, 1785. Hablitz naceu en Königsberg e en 1758 seu pai foi invitado a traballar na Universidade de Moscova. Carl chegou a Rusia cando tiña 6 anos. Estudou para ser científico botánico e posteriormente ensinou na Universidade de Moscova durante moitos anos. Foi membro da Academia Rusa Imperial de Ciencias.

En 1783 foi o autor dun capítulo en alemán nun libro de Pallas titulado (o capítulo) Bemerkungen in der persischen Landschaft Gilan und auf den Gilanischen Gebirgen. O seu nome aparece como Carl Hablizl.

Foi autor de Descrición física da área Táurida, a súa posición e tres imperios da natureza (1785). Na publicación trata da flora, fauna e xeografía da rexión Táurida de Crimea na que fixo unha expedición en 1784.Mikhail Kizilov. The Development of Crimean Studies in the Russian Empire, the Soviet Union, and Ukraine. Acta Orientalia Academiae Scientiarum Hungaricae 64:4 (2011): 437-452.

Hablitz morreu en San Petersburgo.

Foi o avó materno do compositor ruso Alexander Serov e bisavó do pintor ruso Valentin Serov.

A súa abreviatura nos nomes científicos botánicos é Hablitz. International Plant Names Index. Hablitz.

Notas

Categoría:Nados en 1752 Categoría:Finados en 1821 Categoría:Botánicos