Elisabeth Miller Bardwell, nada en Colrain, Massachusetts, o 4 de decembro de 1831 e finada en Greefield, Massachusetts, o 27 de maio de 1899, foi unha astrónoma estadounidense cuxo principal campo de estudo foron as chuvias de meteoros. Graduouse no Mount Holyoke College en 1866 e continuou no centro como docente ata a súa morte.Creese (1998), p. 228 Durante eses 33 anos ensinou unha mestura de álxebra, trigonometría, física e astronomía durante os primeiros vinte anos, e finalmente só astronomía despois de 1886. Tamén supervisou o desenvolvemento do observatorio do colexio, que incluíu visitas invitadas aos observatorios de Washington, Princeton, Lick, Berlín e Potsdam. En novembro de 1891 foi elixida membro da Astronomical Society of the Pacific; en marzo de 1895, da British Astronomical Association, e en 1898, da American Association for the Advancement of Science. Foi colaboradora das revistas Astronomy, Astro-Physics e Popular Astronomy.
Traxectoria
Primeiros anos Elisabeth Miller Bardwell naceu en Colrain, Franklin County, Massachusetts, filla de Amos e Minerva (Miller) Bardwell. De nena, Elisabeth pasaba moito tempo ao aire libre e desenvolveu unha personalidade extravertida que a levou a un carácter intrépido e arriscado. A miúdo podía ser vista levando libros consigo mentres xogaba fóra, xa que era coñecida por aprender do contorno que a rodeaba. Bardwell tamén mostrou sinais temperáns de ser unha erudita, rematando Adams' New Arithmetic aos doce anos. Inicialmente asistiu á Academy at Shelburne Falls, onde aprendeu latín e outras materias para prepararse para exercer como mestra nun nivel superior no futuro. Comezou a ensinar aos 18 anos en escolas distritais da súa localidade ata que decidiu abandonar o ensino para continuar os seus estudos.
Etapa no Mount Holyoke College Bardwell graduouse no Mount Holyoke College en 1866 e permaneceu alí como docente durante 33 anos. Ensinou álxebra, trigonometría, física e astronomía. Tamén foi directora do John Payson Williston Observatory do colexio desde a súa apertura en 1881 ata 1896, período no que supervisou o seu crecemento. As melloras nos telescopios permitíronlle a ela e ao seu alumnado observar manchas solares, ocultacións lunares e estrelas variables. O programa de astronomía converteuse nunha opción popular, con case o 20% do alumnado matriculándose nun curso de astronomía entre 1896 e 1976 tras a introdución dunha especialidade en astronomía en 1895. O desenvolvemento do observatorio e do propio curso sentou as bases para a seguinte xeración de profesoras de astronomía no centro, como Anne Sewell Young.
Publicacións e contribucións ao campo da astronomía Cando Bardwell non estaba a ensinar, observaba o ceo en busca de eventos celestes. Nun volume do Sidereal Messenger, publicou as súas observacións dunha chuvia de meteoros procedente da constelación de Andrómeda. Tamén publicou observacións detalladas da chuvia de meteoros das Leónidas, incluíndo un mapa do radiante leonídico en Popular Astronomy. Aínda que estas observacións non foron descubrimentos novos, axudaron a confirmar de que radiantes procedían os meteoros. En 1880, Bardwell supervisou a construción do John Payson Williston Observatory, do que sería directora ata a súa morte.
Morte e legado Cara ao final da súa vida, Bardwell residía en Greenfield, Massachusetts coa súa irmá. A súa irmá faleceu en 1895, o que provocou un longo período de dor en Bardwell, que tiña unha relación moi próxima con ela. Sete anos antes da súa morte, Bardwell foi diagnosticada cunha enfermidade grave da que nunca chegou a recuperarse por completo. O 27 de maio de 1899, Elisabeth Bardwell morreu en Greenfield, coa súa irmá ao seu carón. Bardwell foi defensora de equilibrar a fe en Deus coa necesidade de cuestionar as suposicións e investigar o mundo a través da observación. Os homenaxes lidos no seu memorial incluíron:
"Cando coñecín por primeira vez a señorita Bardwell sentín respecto por ela, pero axiña, ao descubrir a súa simpatía e tenrura, aprendín a acudir a ela nos momentos de dificultade."
"Que segura me sentía de todo o que lle confiaba! Que fiel era a cada interese e a cada amigo!"
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1831 Categoría:Finados en 1899 Categoría:Astrónomos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Massachusetts