O Club Deportivo Arcade é un club de fútbol da parroquia homónima, no concello de Soutomaior, fundado en 1923. Xoga os seus partidos de fútbol como local no campo municipal do Salgueirón.
Historia O Club Deportivo Arcade fundouse en 1923 coa denominación de Club Deportivo Arcadia. Tras varios cambios de nome, en 1963 adquiriu a denominación actual. No ano 2023 celebrou o seu centenario.
En 1974 proclamouse campión do Campionato galego de xuvenís.
Campo miniatura O CD Arcade utiliza as instalacións municipais do campo de fútbol do Salgueirón, de herba sintética e cunha capacidade de case 700 persoas sentadas. Inaugurouse en 1923 e rehabilitouse en diversas ocasións.
Notas
Categoría:Deporte en Soutomaior Arcade