Xaime Varela Sieiro, nado en Agolada en 1969, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Clásica e Filoloxía Hispánica (sección Galego-Portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Filoloxía Clásica (programa Estudos medievais) pola mesma universidade. En 2004 diplomouse na EPHE de París (Section de sciences historiques et philologique). Exerce como profesor de Lingua e Literatura Galega dende 1995. Foi lector de lingua e literatura na Sorbonne Nouvelle-París III (1996-2001) e profesor de lingua no IE Cañada Blanch de Londres (2010-2015), onde creou e desenvolveu o proxecto Galego en Londres, que foi Premio da Cultura na súa modalidade de «Proxección no exterior» en 2019.
Ten publicacións sobre o léxico da documentación altomedieval de Galicia e o asociacionismo e a produción cultural galega en Francia e no Reino Unido. Fixo investigacións sobre Beremundo Rodríguez González, Cruz Risco e Carlos Asorey.Xaime Varela Sieiro, investigador: “Cruz Risco foi unha das mullerEs galegas pioneiras do cinema”Cruz Risco, a pioneira do cine galego da que non sabiamos nada É membro do colectivo Baluarte dos Pendellos para a defensa e rehabilitación dos Pendellos da feira de Agolada.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía no Consello da Cultura Galega
Categoría:Nados en Agolada Categoría:Nados en 1969 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria