Diogo José Teixeira da Silva, nado en Massarelos (Porto) o 4 de decembro de 1996 e finado en Cernadilla (provincia de Zamora) o 3 de xullo de 2025, foi un futbolista portugués que xogaba como dianteiro, coñecido deportivamente como Diogo Jota.
Traxectoria
Comezou a súa carreira no Paços de Ferreira, e en 2016 fichou polo Atlético de Madrid. Durante a súa etapa no Atlético, foi cedido consecutivamente ó FC Porto da Primeira Liga no 2016 e ao Wolverhampton Wanderers da EFL Championship no 2017. Participou no ascenso á Premier League e fichou polo club en 2017 por 14 millóns de euros, Xogou 131 partidos e meteu 44 goles co club de Wolverhampton. En 2020 fichou polo Liverpool por 41 millóns de libras. Xogou 182 partidos e marcou 65 goles durante cinco tempadas, contribuíndo á conquista da Premier League na tempada 2024-25, unha FA Cup, dúas Copas da liga e unha Community Shield.
Como internacional xuvenil con Portugal, representou o seu país nas categorías sub-19, sub-21 e sub-23. Fixo o seu debut internacional absoluto coa selección de Portugal o 14 de novembro de 2019 e foi seleccionado para disputar dous Eurocopas (2020 e 2024). Ademais, gañou a liga de Nacións da UEFA nos anos 2019 e 2025.
Faleceu na madrugada do 3 de xullo de 2025 en Zamora aos 28 anos nun accidente de tráfico xunto co seu irmán André, tamén xogador de fútbol. Notas
Categoría:Nados no Porto Categoría:Nados en 1996 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Wolverhampton Wanderers FC Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024