A halita (tamén chamada sal xema Ver Frases e expresións con sal. ou sal de rocha) é un mineral da clase dos haluros cuxa fórmula química é NaCl (39,3% de sodio e 60,7% de cloro). É pois, un mineral composto na súa totalidade por cloruro de sodio.
Aspecto
Na súa forma cristalina adopta a figura dun cubo. Tamén aparece formando masas e máis rara vez en forma de octaedros. A súa coloración varía segundo as impurezas que teña na súa composición.
Lugares onde se atopa
A halita é un mineral moi abundante en terreos sedimentarios, pérmicos, triásicos e terciarios. Xace en capas, alternándose con xeso e as arxilas, impregnando margas (chamadas por isto salíferas). Encóntrase disolta en altas cantidades na auga do mar e nalgunhas lagoas chamadas salinas coma as de Torrevieja (Alacant) e San Carlos de la Rápita (Tarragona).
Usos da halita
A halita é utilizada na industria química como fonte de sodio e cloro e para fabricar sosa e ácido clorhídrico, na cociña como condimento e conservante de alimentos, na agricultura como fertilizante e no gando como alimento para animais.
Propiedades
É soluble en auga e de sabor salgado.
Outros haluros
Outros haluros a destacar son a fluorita e a silvina.
Véxase tamén Outros artigos Sal común Cloruro de sodio
Categoría:Minerais