miniatura|250px|Os alumnos das escolas estaban entre os mobilizados para levaren a cabo a campaña. Este póster promocional de 1956 mostra a rapaces matando pardais con tiracroios. O texto di: "Todos veñen atacar os pardais" (大家都来打麻雀, dàjiā dōu lái dǎ máquè).
A Campaña para exterminar os pardais (消灭麻雀运动, xiāomiè máquè yùndòng, "Campaña para eliminar/exterminar os pardais"), tamén chamada Campaña para combater os pardais (打麻雀运动, dǎ máquè yùndòng, "Campaña para esmagar/atacar/combater/derrotar os pardais") ou Gran campaña dos pardais, foi unha campaña que tivo lugar na China que formaba parte da Campaña das catro pragas lanzada por Mao Zedong, primeiro líder da República Popular da China, executada en toda a nación durante o Gran Salto Adiante. O obxectivo da campaña era eliminar completamente o pardal montés de toda a China para que non comese as sementes dos cultivos.
A política antipardais estivo activa desde 1955 a 1960, e o momento máis intenso da campaña empezou en 1958. Matáronse polo menos 200 millóns de pardais en todo o país en 1958; algunhas fontes falan de que se mataron uns 2110 millóns de pardais. A campaña orixinou un crecemento da poboación de insectos e malas colleitas, e foi unha das causas da Gran fame chinesa, que durou de 1959 a 1961 e matou millóns de persoas.
Historia Orixe miniatura|250px|Durante varios anos os pardais foron sistematicamente exterminados en áreas urbanas e rurais da China, causando un grave desequilibrio ecolóxico. En 1955, os agricultores informaron que os pardais estaban danando os cultivos. Cando Mao Zedong, que entón era Presidente do Partido Comunista Chinés, recibiu estes informes, dixo que os pardais eran unha praga daniña que debería ser eliminada. Na segunda metade de 1955, mentres se organizaba o borrador do Perfil do Desenvolvemento Agrícola (é dicir, os Dezasete Artigos sobre Agricultura), Mao Zedong decidiu que os pardais, ratas, moscas e mosquitos eran "catro pragas" que había que eliminar. En xaneiro de 1956, despois de discutilo o Politburó do Partido Comunista Chinés e da adopción formal pola Conferencia do Estado Supremo, aprobouse a versión ampliada do Borrador do Perfil. O artigo 27 do Borrador do Perfil estipulaba que iniciando unha campaña en 1956, as ratas, pardais, moscas e mosquitos deberían ser máis ou menos eliminadas en todos os posibles lugares en só 5, 7 ou 12 anos, respectivamente. Sospeitábase que os pardais comían aproximadamente 2 kg de grans por pardal e por ano.
No outono de 1956, un grupo de biólogos, entre os que estaba Zhu Xi, un pioneiro chinés da bioloxía celular, obxectaron publicamente sobre clasificar os pardais como pragas e eliminalos, pero as súas obxeccións non tiveron efecto. O 18 de xaneiro de 1957, o Diario de Beijing publicou un artigo de Zhou Jianren, entón Viceministro de Educación, titulado "Os pardais son claramente unha ave praga", concluíndo que "non hai dúbida de que os pardais son aves praga" e "as aves praga deberían ser erradicadas sen dubidar", propoñendo:
Aplicación A finais de 1957 desenvolveuse o lema do Gran Salto Adiante, e púxose en práctica a Campaña das catro pragas por todo o país. Entre marzo e maio de 1958, Mao Zedong fixo un chamamento á eliminación de pardais en varias conferencias centrais e durante o 8º Congreso Nacional do Partido Comunista Chinés. Seguidamente, establecéronse "os cuarteis xerais de supresión dos pardais" (围剿麻雀总指挥部, wéijiǎo máquè zǒng zhǐhuī bù) en varias partes do país, con líderes locais dirixindo as accions, e lanzouse a Campaña para exterminar os pardais. Os xornais de todo o país informaron amplamente desa campaña, a miúdo usando titulares militares como "despregamento de tropas, preparación de armas, estarmos preparados: O exército de exterminación de pardais espera o asalto final": 调兵遣将、准备武器、摩拳擦掌:灭雀大军待命总攻 (Diào bīng qiǎn jiàng, zhǔnbèi wǔqì, móquáncāzhǎng: Miè què dàjūn dàimìng zǒnggōng) e "o exército de exterminación de pardais conseguiu brillantes resultados".: 灭雀大军战果辉煌 (Miè què dàjūn zhànguǒ huīhuáng) Unha canción popular que circulaba daquela chamábase "Toca tambores e gongs para eliminar as catro pragas" (擂鼓鸣金除四害, léi gǔ míngjīn chú sì hài):
O 21 de abril de 1958, o xornal Beijing Evening News publicou un poema do famoso escritor Guo Moruo titulado "Maldicir os pardais" (咒麻雀|, máquè), que incluía estas liñas:
En 1961, Mikhail Antonovich Klochko, un asesor do Instituto de Química da Academia Chinesa de Ciencias e químico soviético, rexistrou estas observacións de Beijing tres anos antes.
O científico de foguetes Qian Xuesen, o matemático Hua Luogeng, o escritor Ba Jin e outros expertos de alta cualificación participaron activamente na campaña de caza de pardais. O xornal Diario do Pobo informou que daquela máis de 2000 científicos e membros do equipo da Academia Chinesa de Ciencias participaron na "batalla". Unha contaxe estatística incompleta calculou que se mataran uns 200 millóns de pardais en toda a nación en 1958, e de acordo coas estatísticas da Oficina do Comité de Campaña de Saúde Patriótico Nacional (全国爱国卫生运动委员会办公室), matáranse uns 2110 millóns. Como resultado, na primavera de 1959, as follas das árbores plantadas a ambos os lados das rúas de moitas cidades chinesas foran case completamente comidas polas pragas. Mao Zedong seguiu describindo os pardais como unha praga, dicindo nun discurso na Conferencia de Lushan do 10 de xullo de 1959: "Algunhas persoas din que a Campaña das catro pragas xa non é efectiva e que se relaxou. Os pardais foron un importante problema e aínda deben ser eliminados.": (有人提除四害不行了,放松了。麻雀现在成了大问题,还是要除。, Yǒurén tí chú sì hài bùxíngle, fàngsōngle. Máquè xiànzài chéngle dà wèntí, háishì yào chú.)
O 8 de xaneiro de 1956, Tso-hsin Cheng, un ornitólogo chinés de gran sona e investigador do Instituto de Zooloxía da Academia Chinesa de Ciencias, publicou un longo artigo titulado "O dano dos pardais e como eliminalos" no Diario do Pobo. Posteriormente, tamén compilou panfletos como "Como impedir e eliminar pardais" e "Previr os danos dos pardais". Porén, Tso-hsin Cheng tiña as súas reservas á idea de exterminar pardais, afirmando que o asunto dos seus danos e beneficios non debería ser tratada uniformemente. Suxeriu que se deberían ter en conta diferentes estacións, rexións e ambientes cando se trata co problema.
Fin da campaña Despois de 1959, na Conferencia de Lushan, Mao Zedong lanzou a Loita contra a desviación á dereita, demandando que todo o pais "se opoña ás tendencias dereitistas e impulsa a moral" para conseguir un maior salto adiante.
Non obstante, Zhu Xi, o director do Instituto de Bioloxía Experimental da Academia Chinesa de Ciencias (que case fora etiquetada como dereitista no Movemento antidereitista de 1957), Feng Depei, un investigador do Instituto de Fisioloxía da Academia Chinesa de Ciencias, os neurofisiólogos Zhang Xiangtong e outros científicos pediron que os pardais fosen "rehabilitados". O 27 de novembro de 1959, Zhang Jingfu, secretario do Grupo do Partido da Academia Chinesa de Ciencias, escribiu un informe a Mao sobre o asunto dos pardais, incorporando os puntos de vista de científicos nacionais e estranxeiros. O informe foi entregado a Mao Zedong por Hu Qiaomu, e Mao Zedong aprobouno dous días despois, dicindo que "o informe de Zhang Jingfu debería ser distribuído a todos os camaradas." Seguindo as disposicións do Grupo do Partido da Academia Chinesa de Ciencias, a División Biolóxica da Academia Chiesa de Ciencias celebrou simposios sobre o tema dos pardais o 29 de decembro de 1959, e o 9 de xaneiro de 1960, para planear o establecemento dun "Grupo de Coordinación de Investigación dos Pardais" que realizaría investigacións sobre os beneficios e prexuízos dos pardais. Seguidamente, estableceuse formalmente o 4 de marzo de 1960 un grupo de coordinación composto de persoal de órganos de estado relevantes e numerosas unidades de investigación, encabezado por Tong Dizhou, director da División Biolóxica da Academia Chinesa de Ciencias.
O 18 de marzo de 1960, Mao Zedong escribiu as "Instrucións do Comite Cental do Partido Comunista Chinés sobre Traballos da Saúde", afirmando que: "Deixa de matar pardais e substitúeos por chinches. O lema é 'Eliminar ratas, chinches, moscas e mosquitos'." O 10 de abril de 1960, a Segunda Sesión do 2º Congreso Nacional do Pobo discutiu o "Borrador Revisado do Perfil" producido en outubro de 1957, que cambiou o artigo 27 eliminando as catro pragas para que "empezando en 1956, nun prazo de doce anos, as ratas, chinches, moscas e mosquitos deberían ser eliminados en todos os lugares posibles." Isto marcou o final oficial da Campaña para exterminar os pardais.
Exterminación de pardais
No intento de cumprir coa considerable tarefa de cambiar a orde ecolóxica, Mao mobilizou a poboación chinesa por riba dos cinco anos de idade. De xeito similar a unha campaña militar coordinada, os estudantes espallaríanse polo campo a unha hora específica para cazar pardais. Un relato de primeira man dun antigo escolar de Sichuan no tempo da campaña di así: "Era divertido "Varrer as catro pragas". A escola enteira foi matar pardais. Fixemos escadas para botar abaixo os seus niños, e tocábamos gongs polas tardes, cando eles volvían a casa a pousarse." En Beijing, o xornal Diario do Pobo informou que "cada mañá e desde as 4:00 p.m. ás 7:30 p.m., cando os pardais estaban fóra dos seus niños e tornaban aos niños, os cidadáns traballaban xuntos para cazalos". Para organizar e promover a campaña, facíanse xuntanzas e pósters de propaganda, panfletos, películas e creábanse pequenas cancións. Contribuír á campaña considerábase un deber patriótico do cidadán.
Entre os métodos para eliminar os pardais estaban collelos coas mans; usar trampas de pegamento, trampas de redes e outras trampas; usar cebos envelenados, e atacalos con longos paus. Destruíanse os niños dos pardais, rompíanse os ovos e matábanse os polos. Moitas persoas organizábanse en grupos e golpeaban obxectos ruidosos todos xuntos para impediren que os pardais descansasen nos seus niños, co obxectivo de que acabasen caendo pola tremenda fatiga. As ferramentas empregadas incluían abrazadeiras de arame, gaiolas de arame, paus de bambú, bandeiras vermellas, petardos, pedras, tiracroios, gongs, megáfonos, almofías, escopetas de aire comprimido e espantallos. Os cidadáns abatían os paradais que ía voando con tiracroios ou escopetas. A campaña fixo diminuír tanto a poboación de pardais que os puxo case preto da extinción na China.
Algúns pardais atoparon refuxio nos recintos con condición legal de extraterritorialidade de varias misións diplomáticas na China. O persoal da Embaixada de Polonia en Beijing denegaron a petición chinesa de entrar nos terreos da embaixada e espantaren os pardais que se escondían alí, e como resultado a embaixada foi rodeada por persoas tocando o tambor. Despois de dous días dun constante toque de tambores, os polacos tiveron que usar pas para limpar a embaixada dos pardais que caeran mortos.
Impacto Desastre ecolóxico Matáronse millóns de pardais. Aínda que a campaña se supoñía que incrementaría o rendemento das colleitas, as secas e cheas que ocorreron nese período, xunto coa propia falta das poboacións de pardais fixeron decrecer os rendementos dos campos de arroz. O exterminio de pardais alterou o equilibrio ecolóxico, o que foi seguido por un aumento das poboacións de lagostas e outros insectos que dstruíron as colleitas debido á falta dun predador natural (os pardais comen insectos para alimentaren as crías na época reprodutora).