Samuel Suárez Fernández, nado o 12 de maio de 2003 no Pino, é un cantante galego de música urbana coñecido polo seu nome artístico LiL $am ou simplemente LiL Sam.
Traxectoria LiL $am comezou a publicar música no ano 2020 baixo o pseudónimo de NGGT. Terra Galiza (2020) ou Volar para no caer (2021) son os únicos sinxelos desta primeira etapa, cunha clara inspiración no rap de Arce.
Posteriormente, no ano 2025, lanzou o seu primeiro sinxelo baixo o nome de LiL $am: Flor de Loto. Non obstante, foi co seu terceiro sinxelo, A 100, publicado o 9 de maio de 2025, co que acadou a viralidade.
Tras o lanzamento de sinxelos como Jallejo vacilón ou Antes de dormir, e de colaboracións con artistas como mikeyyy en Adoradora ou DKprichos en Solteira, o 5 de xuño de 2026 publicou o seu primeiro EP xunto ao seu produtor Andrés Freire. Jaliza Mix, o nome co que o bautizou, é un proxecto inspirado no electrolatino da década dos 2010 e conta coas colaboracións de Silee, DKprichos, C Mirazo e Kike Varela.
Discografía Sinxelos Flor de Loto (2025) MA$ (2025) A 100 (2025) Jallejo vacilón (2025) Dalle Don Dalle (2025) Outro Bikiño (2025) Adoradora (2025) Antes de dormir (2026) Solteira (2026) Outro Bikiño (Jay Dallenback Remix) (2026)
EPs Jaliza Mix (2026)
Notas
Categoría:Nados no Pino Categoría:Nados en 2003 Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Cantantes de Galicia