As Burlington Barracudas foron un equipo profesional feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Burlington, na provincia de Ontario (Canadá). As Barracudas foron un dos equipos fundadores da Canadian Women's Hockey League (CWHL), liga na que competiron dende a súa fundación en 2007 ata 2012. Xogaban os seus partidos como local no Appleby Ice Centre de Burlington.
Categoría:Equipos da Canadian Women's Hockey League Categoría:Ontario