François Letexier, nado en Bédée o 23 de abril de 1989, é un árbitro de fútbol francés, que habitualmente dirixe partidos na Ligue 1. É árbitro internacional da FIFA dende 2017 e atópase na categoría de árbitros de elite da UEFA.
Traxectoria
En 2016 Letexier debutou na Ligue 1. O seu primeiro partido foi o 23 de xaneiro de 2016 entre o Montpellier e o Caen. En 2017 debutou como árbitro internacional FIFA. O seu primeiro partido como tal foi o 23 de marzo de 2018 entre Bulgaria e Bosnia e Hercegovina.
Nas competicións europeas foi designado para dirixir na Eurocopa 2024, onde arbitrou catro partidos, entre eles a final entre España e Inglaterra. Foi árbitro para a competición olímpica de fútbol nos Xogos Olímpicos de París 2024 e na final da Liga Europa da UEFA 2025-26 entre o Friburgo e o Aston Villa en Istanbul o 20 de maio de 2026.
Foi designado árbitro da Copa Mundial de Fútbol de 2026. Nesta competición, levantou polémica pola súa arbitraxe no partido de oitavos de final entre Arxentina e Exipto, sendo acusado de arbitrar en favor da Arxentina de tal forma que esta non acadaría a vitoria de non ser por este motivo. Ademais, negouse a aplicar o protocolo antirracismo cando este foi solicitado polo adestrador exipcio, chegando a sancionar a este por realizar a petición.
Vida persoal Atópase casado e ten dous fillos (nados en 2021 e 2024). Tamén traballa de garda de tribunais a mediotempo.
Notas
Categoría:Nados no departamento de Ille e Vilaine Categoría:Nados en 1989 Categoría:Árbitros de fútbol