Kelly Maureen Pannek, nada en Plymouth (Minnesota) o 29 de decembro de 1995, é unha xogadora profesional de hóckey sobre xeo estadounidense. Xoga de dianteira e para o Minnesota Frost da Professional Women's Hockey League (PWHL). Anteriormente xogou na Professional Women's Hockey Players Association (PWHPA). Pannek, capitá alterna de Minnesota, gañou dúas Walter Cups consecutivas co Frost en 2024 e 2025.
A nivel internacional, Pannek representou os Estados Unidos dende 2017, gañando tres medallas olímpicas, o ouro en 2018, a prata en 2022, e outro ouro en 2026. Tamén gañou sete medallas nos Campionatos do Mundo, catro ouros (2017, 2019, 2023 e 2025). No Campionato do Mundo de 2025 finalizou cuarta no torneo logo de anotar oito puntos en sete partidos. Na final dos Xogos Olímpicos de 2018 fronte a Canadá, Pannek deu unha asistencia crucial para empatar o partido a falta de 6:21 minutos para o final, levando a final á prórroga, gañando finalmente os Estados Unidos nos shootouts para conseguir o seu primeiro ouro olímpico en 20 anos.
No hóckey universitario, Pannek xogou para a Universidade de Minnesota, registrando 186 puntos en 157 partidos, e gañando dous campionatos nacionais da NCAA (2015 e 2016). En 2017 foi finalista do Premio Kazmaier Award logo de conseguir unha marca de 62 puntos en 39 partidos. No instituto co Benilde-St. Margaret's practicaba dous deportes e estabeleceu un récord no estado de Minnesota para o hat trick natural máis rápido no hóckey (tres goles en 22 segundos) e foi nomeada Ms. Soccer de Minnesota en 2013.
Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Nados en 1995 Categoría:Xogadoras do Minnesota Frost Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de prata polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en hóckey sobre xeo