Will Jordan, nado o 24 de febreiro de 1998 en Christchurch (Nova Zelandia), é un xogador de rugby que pode ocupar as posicións de ala e de zagueiro.
Traxectoria Jordan comezou a súa carreira profesional en 2017 disputando a NPC co equipo da provincia de Tasman. As súas actuacións chamaron a atención das franquías do Super Rugby e en 2019 debutou cos Crusaders. Seguidamente foi chamado para debutar coa selección nacional o 7 de novembro de 2020 contra Australia. En 2021 recibiu o premio de World Rugby ao xogador revelación do ano.All Blacks and Crusaders wing Will Jordan has been named the World Rugby Breakthrough Player of the Year 2021, na páxina oficial do Super Rugby. En 2023 igualou con Jonah Lomu, Bryan Habana e Julian Savea o récord de oito ensaios nunha Copa do Mundo de Rugby.Will Jordan: "Es una lección de humildad estar junto a Lomu, Habana y Savea", artigo en ESPN Arxentina. O 11 de xullo de 2026 converteuse no xogador con máis ensaios na historia dos All Blacks anotando 50 marcas en 56 encontros.El histórico récord que rompió Will Jordan en la goleada de los All Blacks ante Francia, artigo en ESPN Arxentina.
Palmarés Con Tasman (2017-2020): National Provincial Championship: 2 títulos 1ª posición: 2019, 2020 2ª posición: 2017 Con Crusaders (2019- ... ): Super Rugby: 6 títulos 1ª posición: 2019, 2020, 2021, 2022, 2023, 2025 2ª posición: Coa selección de Nova Zelandia (2020- ... ): Copa do Mundo: 0 títulos 1ª posición: 2ª posición: 2023 Rugby Championship: 4 títulos 1ª posición: 2020, 2021, 2022, 2023 2ª posición: 2024, 2025
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Will Jordan na páxina oficial dos All Blacks Will Jordan en RugbyDataBase
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Christchurch Categoría:Xogadores de rugby de Nova Zelandia