Pedro Avelino Jácome Iglesias, coñecido como Avelino Jácome, nado en Caracas o 2 de marzo de 1963, é un empresario, emprendedor cultural e escritor galego.

Ten usado o heterónimo Marcinda Caneiro en Nós a Xente do Redor.

Traxectoria Fillo de emigrantes en Venezuela, reside en Ourense e traballou como director comercial nunha empresa de publicidade ata a súa xubilación. Ten colaborado en multitude de iniciativas sociais, culturais e solidarias (Operación Lápiz, Operación Quilo...). Dirixiu ciclos de cinema clásico e fantástico, certames de pintura (Salón Internacional de Arte Contemporáneo ) e concertos de artistas ourensáns.

É o director de Nós, a xente ao redor, revista que en 2025 levaba xa 18 números, nada en Ourense e aberta a outros puntos da xeografía galega e da diáspora.

Articulista, colaborador en varios xornais e creador da sección «Con Sentimento» na revista internacional A Bugalla. No xornal ourensán Barrios publicou unha serie de artigos titulada «Crónicas Vampíricas», unha creación literaria nacida durante a pandemia.

Como editor creou o selo Andrómena Senlleira (31 títulos en 2026), pertencente a Orixe Publicidade e Comunicación, que edita as Colectáneas Internacionais entre Galicia e Portugal ou O espertar dos monicreques: O espectáculo das almas cativas de Xoán Deus Gende, na que foi editor e prologuista.

Obras

As andrómenas e outros contos (2018). Con Manuel Blanco Villar. Editorial A Formiga Rabicha. 208 páxs. ISBN 978-8493643263. Con láminas pictóricas de Miguel Ángel Martínez Coello. Bilingüe en galego e castelán. Son 32 relatos da intrahistoria galega no drama da emigración galega de posguerra. Historias no Fumeiro: Antropoloxía do sentimento (2021). Editorial Andrómena Senlleira. Ilustrado por Miguel Ángel Martínez Coello. 208 páxs. ISBN 978-8412398519. Limiar de Rafael Quintía Pereira. Epílogo de Javier Eneriz. Lírica revuelta: Prosaía (2024). Editorial Andrómena Senlleira. Ilustracións de Paco Ascón, prólogo de Manuel Mandianes e introdución de Mario García Montalván. La novela sin nombre. Laberinto del destino (2024). Editorial Andrómena Senlleira. 124 páxs. ISBN 978-84-127683-3-6.

Notas

Ligazóns externas Véxase tamén Entrevista con escritor, editor e empresario Avelino Jácome

Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1963 Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Escritores de Galicia