José Luis Prado Nogueira, nado en Ferrol o 24 de xaneiro de 1919 e finado en Madrid o 15 de febreiro de 1990, foi un militar e escritor galego en lingua castelá, vinculado á Generación del 36.

Traxectoria

Trasladouse coa súa familia a Madrid en 1931. Ao comezo da guerra civil española foi arrestado cando cumpría o servizo militar ao consideráreno próximo ao bando sublevado, e encarcerado en Mora (provincia de Toledo), onde contactou en 1938 co asturiano José García Nieto, quen o introduciu no cultivo da poesía. En 1940 entrou na Escola Naval Militar en San Fernando. A carreira militar levouno por diversos destinos. Entre 1958 e 1964 estableceuse en Xixón e despois trasladouse a Madrid, onde frecuentou os faladoiros do Café Gijón e o Ateneo.

Francisco Umbral describiuno na obra La noche que llegué al Café Gijón (1977):

Obra Testigo de excepción (1953) Oratorio del Guadarrama (1956) Respuestas a Carmen (1958) Miserere en la tumba de R.N. (1960, Premio Nacional de Poesía) Sonetos de una media muerte (1963) La carta (1960) La rana (1969) Corazón de luz y llanto (2003; antoloxía editada por Vicente Araguas)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Premio Nacional de Poesía de España