Rudolf Münsterberg, nado en Viena o 5 de maio de 1864 e finado na mesma cidade o 31 de decembro de 1926, foi un numismático austríaco vinculado ao Gabinete Numismático de Viena.

Traxectoria Rudolf Münsterberg naceu o 5 de maio de 1864 en Viena,Koch, B. (1975)."Münsterberg, Rudolf (1864-1926), Numismatiker". Österreichisches Biographisches Lexikon (Biographien.ac.at). onde cursou a súa educación primaria e secundaria. Posteriormente fixo os seus estudos superiores na Universidade de Zürich e logo acadou o seu doutoramento na Universidade de Viena.

A súa primeira actividade profesional foi como secretario do filósofo Theodor Gompertz durante varios anos. Logo de acadar en 1888 a súa habilitación para a docencia no ensino secundario, exerceu como profesor, nas materias de Latín, Grego e Alemán, nos institutos de Troppau (1896-1899) e de Teschen (1899-1900).

Tras abandonar a docencia en 1900 incorporouse ao Gabinete Numismático de Viena, e a partir de 1902 pasou a ser axudante de Wilhelm Kubitschek, daquela responsable de moeda antiga, bizantina e oriental desa institución, a quen finalmente sucedeu no posto logo da xubilación deste en 1916.Regling, K. (1927) . Páxina 309.miniatura|260x260px|Debuxo de Rudolf Münsterberg das inscricións en pedras votivas na Baixa Austria (1909)A súa primeira publicación en materia numismática non se produciu ata a súa madureza, en 1908, cun artigo no Numismatische Zeitschrift, da Sociedade Numismática Austríaca, acerca da Colección Carelli.Münsterberg, R. (1908). "Die Sammlung Carelli". En Numismatische Zeitschrift. 41. Páxinas 34-36. E o seu segundo artigo foi un estudo sobre Atila como "Faunus ficarius", no volume de 1910 da mesma publicación.Münsterberg, R. (1910). "Attila als Faunus ficarius". En Numismatische Zeitschrift. 43. Páxinas 62-66. Entre os números de 1911 e 1914 desa revista apareceu a publicación do seu traballo máis salientable en materia numismática: unha serie de tres artigos sobre os nomes e os títulos oficiais gregos nas moedas, completados cunha addenda no número de 1927. En 1914, a serie foi recollida tamén nun libro.

O estudo da onomástica, dos cargos e doutras inscricións constituíu igualmente o eixe principal de numerosos artigos breves publicados nos anos posteriores por Münsterberg non só na propia Numismatische Zeitschrift, senón tamén en Wiener Monatsblatt, en Österreichische Jahreshefte, en Wiener Studien, en Blätter für Münzfreunde e no volume de homenaxe ao arqueólogo Hugo Blümner.

Durante a súa última década e media, foi un membro activo da xunta directiva da Sociedade Numismática de Viena. Igualmente, foi membro correspondente de sociedades numismáticas estranxeiras, como a a Sociedade Numismática Húngara ou a Sociedade Numismática Romanesa,Regling, K. (1927) . Páxina 310. e en 1926 foi nomeado membro honorario da Royal Numismatic Society de Londres."Honorary Fellowship". Royal Numismatic Society (Numismatics.org.uk).

Rudolf Münsterberg finou en Viena o 31 de decembro de 1926, aos 66 anos, logo dunha longa doenza.

Publicacións Esta é unha escolma dalgunhas das publicacións de Rudolf Münsterberg máis significativas:

(1890). Zu den spartanischen Dioskurenreliefs. Zürich. (1911-1927). "Die Beamtennamen auf griechischen Münzen". En Numismatische Zeitschrift. Österreichische Numismatische Gesellschaft, Viena. (1911). Vol. 44. Páxinas 69-132. (1912). Vol. 45. Páxinas 1-111. (1914). Vol. 47. Páxinas 1-98. (1927). Vol. 60. Páxinas 42-104. (1914). "Abkürzungen auf griechischen Münzen". En Festgabe Hugo Blümner überreicht zum 9. August 1914 von Freunden und Schülern. Páxinas 400-506.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Koch, B. (1975). "Münsterberg, Rudolf". En Österreichisches Biographisches Lexikon 1815-1950. Vol. 6. Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. Páxina 436. ISBN 3-7001-0128-7

Regling, K. (1927). "Nachrufe: Rudolf Münsterberg † ". En Zeitschrift für Numismatik. 37. Páxinas 309-310.

Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1926 Categoría:Nados en Viena Categoría:Numismáticos de Austria Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Alumnos da Universidade de Zürich Categoría:Profesores da Universidade de Viena Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes