O flúor-18 (18F, tamén chamado radioflúor) é un radioisótopo do flúor que é unha importante fonte de positróns. O seu período de semidesintegración é de 109,734 minutos, é dicir, menos de dúas horas, e é un dos radioisótopos de vida máis curta cun uso fóra da investigación. Desintégrase por emisión de positróns (96,7 % das veces) ou captura de electróns (3,3 % das veces). Ambos os tipos de desintegración producen oxíxeno-18 estable.

Formación natural O é un radioisótopo traza cosmoxénico producido pola espalación de argon atmosférico ou por reacción dun protón co oxíxeno-18 no aire:

18O + p → 18F + n.SCOPE 50 - Radioecology after Chernobyl , o Comité Científico sobre Problemas do Ambiente (SCOPE), 1993. Ver táboa 1.9 na Sección 1.4.5.2.

Síntese Na industria radiofarmacéutica, o flúor-18 prodúcese usando un ciclotrón ou un acelerador de partículas liñal para bombardear unha diana, xeralmente [18O]-auga enriquecida ou naturalFowler J. S. and Wolf A. P. (1982). The synthesis of carbon-11, fluorine-18 and nitrogen-13 labeled radiotracers for biomedical applications. Nucl. Sci. Ser. Natl Acad. Sci. Natl Res. Council Monogr. 1982. con protóns de alta enerxía (normalmente ~18 MeV). O flúor producido está en forma de solución de [18F]-flúor en auga, que despois se usa nunha síntese química rápida de varios radiofármacos; isto debe facerse despois de que se produce o flúor, xa que os enlaces químicos se destruirían pola produción (radiólise).

Historia A primeira síntese publicada e informe sobre propiedades do flúor-18 realizouna en 1937 Arthur H. Snell, producida pola reacción nuclear de 20Ne(d,α)18F nos laboratorios ciclotrón de Ernest O. Lawrence.

Química O flúor-18 é a miúdo substitúe un grupo hidroxilo (–OH) nunha molécula parental radiotrazadora, debido ás súas propiedade estéricas e electrostáticas similares. Porén, isto pode ser problemático en certas aplicacións debido a posibles cambios na polaridade da molécula.

Aplicacións O flúor-18 é un dos trazadores inicialmente usados na tomografía de emisión de positróns (TEP ou PET), e leva en uso desde a década de 1960. A súa importancia débese á súa curta vida media e á emisión de positróns cando se desintegra. Os usos médicos principais do flúor-18 son os seguintes: na tomografía de emisión de positróns para obter imaxes do cerebro e corazón; para obter imaxes da glándula tiroide; como radiotrazador para obter imaxes de ósos e buscar cancros que se metastatizaron noutras localizacións do corpo, e na terapia de radiación para tratar tumores internos.

Entre os trazadores están o fluoruro de sodio que pode ser útil para obter imaxes do esqueleto, xa que mostra unha alta e rápida captación polo óso acompañada dunha moi rápida eliminación no sangue, o que resulta nunha razón óso-fondo alta en curto tempo, e a fluorodesoxiglicosa (FDG), na cal o 18F substitúe un hidroxilo. A nova química do dioxaborolano permite o etiquetado con fluroruo radioactivo (18F) de anticorpos, o que permite tomar imaxes por tomografía de emisión de positróns de cancros. Un sistema reporteiro emisor de positróns e fluorescente xenético derivado de humanos (HD-GPF, siglas do inglés Human-Derived, Genetic, Positron-emitting and Fluorescent) usa unha proteína humana e non inmunoxénica, a PSMA, e unha pequena molécula que é emisora de positróns (18F) e fluorescente para a tomografía de emisión de positróns de modalidade dual e tomar imaxes de fluorescencia de células co xenoma modificado, como, por exemplo, as células cancerosas, CRISPR/Cas9 ou células CAR T, nun rato completo. A pequena molécula da modalidade dual que ten por diana a PSMA testouse en humanos e serviu para atopar a localización de cancro de próstata metastático primario, remoción de cancros guiada por fluorescencia, e detectar células de cancro indivuiduais en marxes de tecidos.

Notas

Categoría:Isótopos Categoría:Emisores de positróns Categoría:Medicina nuclear