A ruminación (do ) consiste na repetición ou obsesión con pensamentos e emocións negativas.

Definición alt=Esquema dunha narrativa disfuncional segundo o modelo de Beck|miniatura|Esquema dunha narrativa disfuncional segundo o modelo de Beck Segundo a teoría dos estilos de resposta proposta por Susan Nolen Hoeksema (1998), a ruminación, ou pensamentos obsesivos (que non se deben confundir cos pensamentos intrusivos), consiste en que a persoa centra de maneira repetitiva os seus pensamentos nos síntomas do seu malestar, así como nas súas posibles causas e consecuencias, en lugar de orientalos cara ás posibles solucións.

Coma esta teoría foi apoiada polos resultados empíricos, este modelo de ruminación é a conceptualización máis amplamente empregada. Con todo outras teorías propuxeron definicións diferentes da ruminación. Por exemplo, na teoría de progreso cara os obxectivos, a ruminación se conceptualiza, non coma unha reacción a un estado de ánimo, senón coma «resposta ao fracaso no progreso satisfactorio cara a un obxectivo». Por esta razón, tanto a ruminación como a preocupación se asocian coa ansiedade e outros estados emocionais negativos; con todo as súas medidas non foron unificadas.

A ruminación prodúcese tanto en persoas sen trastornos mentais como naquelas que presentan algún trastorno psicolóxico; porén, nestas últimas maniféstase con maior intensidade e pode contribuír ao agravamento da súa condición. En boa medida, ten lugar de maneira involuntaria, como un círculo vicioso no que a mente queda atrapada sen que a persoa sexa capaz de afastar del os seus pensamentos, polo menos durante un tempo. De feito, un dos trazos comúns máis salientables da depresión, do trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) e dalgunhas formas de ansiedade social é a persistencia de pensamentos negativos.

Características A ruminación adoita presentar un carácter pasivo e autorreferencial, caracterizase por ser un proceso de pensamiento repetitivo, recorrente e díficil de interromper. As persoas que experimentan este fenómeno adoitan analizar reiteradamente acontecementos pasados, os seus propios erros ou as causas do seu malestar, sen chegar a unha resolución efectiva dos problemas. Este patrón cognitivo adoita manter ou intensificar as emocións negativas en lugar de alivialas e pode interferir na concentración, na toma de decisións e na capacidade de resolver problemas de maneira eficaz.A diferenza da resolución de problemas a ruminación non conduce necesariamente a procura de solucións, senón que mantén a atención centrada nas consecuencias do malestar emocional.

Diversos estudos sinalan que a ruminación pode actuar como un factor de mantemento do malestar emocional ao favorecer a aparición de pensamentos negativos recorrentes e dificultar a regulacion das emocións. Ademais a súa frecuencia e intensidade adoitan aumentar en situacións de estrés ou tras acontecimientos vitais adversos.

Relación con outros trastornos A ruminación constitúe un factor transdiagnóstico presente en diversos trastornos mentais, especialmente nos trastornos do estado de ánimo e nos trastornos de ansiedade, aínda que tamén aparece noutras alteracións psicolóxicas.

A depresión é o trastorno co que a ruminación mantén un vínculo máis estreito. Segundo a teoría dos estilos de resposta de Nolen-Hoeksema este patrón de pensamento favorece a persistencia do estado de ánimo depresivo e incrementa o risco de recaídas ao manter a atención centrada nos síntomas depresivos e nas súas posibles causas.

A ruminación tamén se observa nos trastornos de ansiedade especialmente na ansiedade social e na ansiedade xeneralizada. Nestes casos adoita coexistir coa preocupación, aínda que ambos os procesos se diferencian polo seu contido e pola orientación temporal dos pensamentos.

Así mesmo, identificouse a presenza no trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) e no trastorno por estrés postraumático, onde pode contribuír ao mantemento da sintomatoloxía e dificultar a recuperación.

Modelos teóricos Teoría dos estilos de resposta A teoría dos estilos de resposta foi proposta por Susan Nolen Hoeksema para explicar a influencia da ruminación na aparición e no mantemento da depresión. Segundo este modelo, as persoas que responden ao seu malestar mediante a ruminación tenden a prolongar e intensificar os síntomas depresivos, xa que centran a súa atención nos seus sentimentos negativos e mais nas súas posibles causas e consecuencias en lugar de procurar solucións ou levar a cabo condutas orientadas a resolvelos.

Modelo S-Ref O modelo de funcións autorreguladoras ou en inglés "Self-Regulatory executive function"( S-Ref), desenvolvido por Adrian Wells e Matthews, considera que a ruminación forma parte dun patrón de procesamento cognitivo desadaptativo mantido por crenzas metacognitivas sobre o propio pensamento. Segundo este modelo as persoas siguen rumiando porque consideran que este proceso lles axuda a comprender ou resolver os seus problemas, aínda que, na práctica, contribúe ao mantemento do malestar emocional.

Modelo do progreso cara aos obxectivos Martin e Tesser propuxeron unha explicación alternativa segundo a cal a ruminación xorde cando a persoa percibe que non progresa de xeito satisfactorio cara os seus obxectivos persoais. Dende esta perspectiva, a ruminación constitúe unha resposta ao fracaso percibido no logro dos obxectivos máis ca unha consecuencia directa do estado de animo negativo.

Tratamento O tratamento da ruminación céntrase principalmente na modificación dos patróns de pensamento repetitivo e na mellora da regulación emocional. As intervencións máis empregadas son de natureza psicolóxica, aínda que o tratamento pode variar en función do trastorno co que a ruminación estea asociada.

A terapia cognitivo condutual (TCC) constitúe unha das intervencións máis empregadas para reducir a ruminación. Mediante técnicas de reestructuración cognitiva, resolución de problemas e activación condutual, busca modificar os patróns de pensamento desadaptativos e favorecer estratexias máis eficaces para afrontar o malestar emocional

A terapia metacognitiva desenvolvida por Adrian Wells, parte da premisa de que a rumiación se mantén debido ás crenzas metacognitivas que a persoa posúe dobre os seus propios pensamentos. O seu obxectivo é modificar estas crenzas e reducir a tendencia a responder aos pensamentos negativos mediante a rumiación.

Nos últimos anos tamén se investigou a eficacia de intervencións baseadas na atención plena (mindfulness), que promoven unha relación diferente cos pensamentos e as emocións sen intentar suprimilos nin responder de forma repetitiva. Diversos estudos suxiren que estas intervencións poden contribuír á diminución da ruminación e á prevención de recaídas na depresión.

Bases neurobiolóxicas da ruminación A investigación en neurociencia cognitiva demostrou que a ruminación non é só un proceso psicolóxico, senón que está vinculada a alteracións específicas na conectividade e no funcionamento de determinadas redes neuronais. Os estudos con resonancia magnética funcional (IRMf) revelan un patrón biolóxico característico nas persoas propensas a este estilo de pensamento.

A rede por Defecto (DMN) O achado neurobiolóxico máis relaciona a ruminación coa "Rede por Defecto" ("Default Mode Network" ou DMN). Esta rede neuronal inclúe áreas como a cortiza cingulada posterior, a cortiza posterior, a cortiza prefrontal medial e o lóbulo parietal inferior, e actívase de forma natural cando o cerebro está en repouso, cando realizamos tarefas de introspección, pensamos no futuro ou recordamos o pasado (autobiografía).

Nas persoas cun perfil ruminativo alto ou con depresión maior, a Rede por Defecto presenta dous problemas principais:

-Hiperactividade: A rede mantén un nivel dd activación anormalmente elevado, o que dificulta que o suxeito poida desconectar dos seus propios pensamentos internos e autoreferencias

-Hiperconectividade co sistema límbico: Detectouse unha unión excesiva dntre a DMN e áreas ligadas as emocións negativas, xomo a amígdala e a cortiza subxenual. Isto provoca que calquera pensamento espontáneo ou recordo que inmediatamente "tinguido" de tristeza, culpa ou ansiedade, retroalimentando o círculo vicioso cognitivo.

O fallo no control cognitivo De forma paralela á hioeractividade da DMN, os estudos amosan unha hipoactividade ou menor conectividade na "Rede de Control Executivo", regulada pola cortiza prefrontal dorsolateral. Esta área é a encargada de dirixir a atencion de forma voluntaria, inhibir os estímulos irrelevantes e frear os impulsos. Cando esta rede non funciona de xeito óptimo, o individuo perde a capacidade de exercer un control "de arriba abaixo" (top-down) sobre a súa mente, resultando incapaz de frear ou desviar os pensamentos intrusivos e os bucles ruminativos cara a tarefas externas produtoras de distración.

Diferenza de xénero na ruminación A investigación en psicoloxía diferencial e da personalidade demostrou de forma consistente a existencia de diferenzas de xénero significativas no emprego de estratexias cognitivas ante o malestar emocional. Estatisticamente, as mulleres presentan unha maior tendencia a empregar a ruminación como estilo de resposta en comparación cos homes, un patrón que se consolida a partir da adolescencia.

Factores explicativos A maior prevalenza do estilo ruminativo nas mulleres explícase a través dunha interacción de factoees biolóxicos, psicolóxicos e de socialización:

-Socialización de xénero e expresión emocional: Dende a infancia, as pautas de socialización adoitan fomentar que as mulleres sexan máis conscientes das súas propias emocións e das relacións interpersoais, promovendo un enfoque máis introspectivo e orientado aos análises do malestar. Pola contra, os homes adoitan ser socializados para responder mediante a acción, a supresión emocional ou a distración activa (coma deportes ou actividades instrumentais).

-Orientación cara ás relacións (interdependencia):

As mulleres tenden a puntuar máis alto en facetas relacionadas coa interdependencia social. Cando xorden conflitos interpersoais, son máis propensas a rumiar sonre as causas e consecuencias da ruptura ou o problema, co obxectivo de perservar a harmonía grupal, aínda que isto aumente o seu sufrimento individual.

-Vulnerabilidade ao estrés:

Estudos de ciclo vital sinalan que as adolescentes e mulleres novas reportan unha maior cantidade de estresores de carácter interpersoal e social, contextos onde o estilo pasivo da ruminación atopa un terreo fértil ao non haber unha solución física ou inmediata.

Implicacións na saúde mental Esta diferenza no estilo cognitivo ten consecuencias clínicas directas. Segundo a hipótese de Susan Nolen-Hoeksema, a maior tendencia á ruminación é un dos factores mediadores principais que explica por que a prevalenza da depresión maior e dos trastornos de ansiedade é aproximadamente o dobre nas mulleres que nos homes en todo o mundo. Ao afrontar o estrés diario mediante o bucle do pensamento repetitivo, amplifícase a intensidade e a duración dos síntomas depresivos iniciais, dificultando a autorregulación emocional natural.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ansiedade Depresión (psicoloxía) Trastorno obsesivo–compulsivo

Categoría:Pensamento Categoría:Trastornos de ansiedade Categoría:Psicoloxía