En ciencia dos materiais e enxeñaría, substrato é o material base sobre o que se realiza un proceso. As superficies teñen diferentes usos, incluíndo producir novas películas ou capas de material e ser a base á cal unir outra substancia.
Descrición Na ciencia dos materiais e enxeñaría, un substrato é o material base no que se realiza un proceso. Esta superfice pode usarse para producir novas películas ou capas de material como recubrimentos depositados. Pode ser a base na que se unen ou adhiren pinturas, adhesivos ou fita adhesiva.
Un substrao típico debe ser ríxido como un metal, formigón ou vidro, sobre o cal se debería depositar un recubrimento. Non obstante, tamén se usan substratos flexibles. Algúns substratos son anisótropos con propiedades superficiais que son diferentes dependendo da dirección: exemplos son os produtos de madeira e de papel.
Recubrimentos En todos os procesos de recubrimento, a condición da superficie do substrato pode afectar fortemente a unión das seguintes capas. Isto pode incluír a súa limpeza, lisura, enerxía superficial, humidade etc.
O recubrimento pode realizarse por diversos procesos, como: Adhesivos e fitas adhesivas Procesos de recubrimento e impresión Deposición química en fase de vapor e física Recubrimento de conversión Anodización Rcubrimento por conversión de cromato Oxidación electrolítica de plasma Recubrimento de fosfato Pintura Pintura de esmalte Recubrimento de pos Recubrimento industrial Pintura mineral Recubrimento epoxi unido por fusión (recubrimento FBE) Decapado, un tipo de revestimento metálico de aceiro. Revestimento metálico Revestimento metálico non galvanizado Galvanizado Recubrimentos de polímeros, como o Teflón Materiais pulverizados ou depositados ao baleiro Esmalte vítreo
En óptica, pode usarse o vidro como substrato para o recubrimento óptico —sexa un recubrimento antirreflexión para reducir a reflexión, ou sexa un recubrimento espello para favorecela—. Os substratos cerámicos tamén se usan no sector das enerxías renovables para producir inversores para sistemas de enerxía solar fotovoltaica e concentradores para sistemas de enerxía solar fotovoltaica de concentación.
Un substrato pode ser tamén unha superficie producida por enxeñaría onde ocorre un proceso non pretendido ou natural, como en: Incrustación Corrosión Bioincrustación Catálise heteroxénea Adsorción
As superficies dalgúns substratos, debido á súa porosidade ou outras características, serven para levar a cabo diversas técnicas bioquímicas, como as doas utilizadas en columnas cromatográficas, inmunoprecipitación, etc.
Notas
Categoría:Procesos químicos Categoría:Procesos industriais Categoría:Ciencia dos materiais