O Fontes Inediti Numismaticae Antiquae (FINA) é un proxecto internacional que ten como obxectivo recompilar, ler, estudar e publicar evidencias textuais non impresas relacionadas con moedas antigas producidas antes de 1800.De Callataÿ, F. (2016). Páxina 163.
Descrición xeral FINA creouse informalmente en 2011, no marco dunha reunión na Academia de Ciencias e Humanidades de Berlín-Brandeburgo para o para o simposio internacional Translatio Nummorum. Römische Kaiser in der Renaissance (16 a 18 de novembro de 2011).
O contexto da creación de FINA ten unha perspectiva dobre: en primeiro lugar, un interese xeral crecente polas antigüidades e a historiografía, do que a numismática forma parte importante; en segundo lugar, unha conciencia crecente de que, ata o momento, os estudos sobre numismática antiga se baseaban principalmente en libros impresos, que —malia seren moi numerosos— supoñen só unha pequena parte da información dispoñible para os investigadores.Williams, D. (2015).
Con esta conxuntura de partida, o obxectivo de FINA é, xa que logo, recompilar, ler, estudar e publicar fontes non impresas relativas á numismática antiga, principalmente das antigas Grecia e Roma.De Callataÿ, F. (2016). Páxina 164.
A data final de 1800 escolleuse para o proxecto non só por razóns prácticas, senón tamén porque coincide coa proximidade da morte de Joseph Hilarius Eckhel (1737-1798), o considerado "pai da numismática". Ao final da súa vida, Eckhel publicou a Doctrina numorum veterum en oito volumes (Viena, 1792-1798), que se converteu na obra fundamental da numismática antiga para os séculos seguintes e supuxo un punto de inflexión para a disciplina.De Callataÿ, F. (2016). Páxina 165.
Ademais da gran cantidade de nova información sobre temas numismáticos que achega FINA, o proxecto demostra ser tamén importante nunha perspectiva máis ampla, xa que engade información para reconstruír a historia das ideas dentro de cada rede social académica."About". Fina.oeaw.ac.at
En 2015, FINA presentouse oficialmente á comunidade académica durante o 15º Congreso Internacional de Numismática, en Taormina, Italia,Kampmann, U. (2015). "15th International Congress in Taomina". En Münzen Woche (coinsweekly.co). 1 de outubro. o que xerou un gran interese no ámbito numismático, e inspirou a creación do proxecto Fontes Inediti Numismaticae Orientalis (FINO), que se presentou por primeira vez en 2017, durante o 5º Simposio Simone Assemani de Numismática Islámica."5th Simone Assemani Symposium on Islamic Numismatics Approaching". En Münzen Woche (coinsweekly.com). 23 de agosto.
FINA recibiu o apoio oficial da Unión Académica Internacional,"Projects. Sectionm 2: Greek & Roman World". Union Académique Internationale (uai-iua.org). así como o da Academia de Ciencias de Austria, da Academia Real de Bélxica, da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, da Academia de Ciencias e Humanidades de Berlín-Brandeburgo e da Unión Académica Nacional de Italia.
Comité fundacional de FINA Na reunión que tivo lugar en Berlín en 2011, na que se constituíu informalmente FINA, estaban presentes: Michael Alram, do Kunsthistorisches Museum, vicepresidente da Academia Austríaca de Ciencias, Viena, Austria.
François de Callataÿ, da Biblioteca Real de Bélxica, Bruxelas.
John Cunnally, da Universidade Estatal de Iowa, Estados Unidos.
Ursula Kampmann, divulgadora numismática, de Lörrach, Alemaña.
Federica Missere Fontana, do Centro de Estudos Muratoriani, Módena, Italia.
Ulrike Peter, da Academia de Ciencias e Humanidades de Brandeburgo, Berlín, Alemaña.
Bernhard Woytek, da Academia Austríaca de Ciencias, Viena, Austria.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Williams, D. (2015). "Reflections on the history of numismatic research: exploring the life and work of Joseph Eckhel (1737-1798) through the lens of FINA (Fontes Inediti Numismaticae Antiquae)". En International Numismatic Council INC Compte Rendu. 62. Páxinas 73-78. De Callataÿ, F. (2016). "Fontes Inediti Numismaticae Antiquae : présentation succincte d’un nouveau projet antiquaire". En Anabases, 23. Páxinas 163-168. De Callataÿ, F. (2017). "Fontes Inediti Numismaticae Antiquae (FINA) a short presentation". En Caccamo Caltabiano. M. et al. (eds.). XVth International Numismatic Congress. Taormina. Proceedings, I, Messina. Páxinas 95-99.
Outros artigos Lista de asociacións numismáticas
Ligazóns externas Sitio web de FINA
Categoría:Asociacións numismáticas