As avitaminoses son un conxunto de enfermidades causadas pola ausencia ou deficiencia de vitaminas no organismoA Real Academia Galega define a avitaminose coma a "carencia ou deficiencia de vitaminas, que pode causar enfermidades".. Xeralmente débense a unha alimentación insuficiente ou desequilibrada, aínda que tamén poden aparecer como consecuencia doutros problemas de saúde.
As vitaminas As vitaminas adóitanse clasificar segundo a súa solubilidade en auga ou en lípidos:
miniatura|dereita|Nesta táboa móstranse as principais vitaminas e unha explicación de cada unha delas. Hidrosolubles:
Vitamina C ou ácido ascórbico (antiescorbútica) Complexo B Vitamina B1, tiamina, aneurina ou vitamina antiberibérica Vitamina B2, riboflavina, lactoflavina, verdoflavina ou vitamina Q Vitamina B3, niacina, ácido nicotínico, nicotinamida ou vitamina PP Vitamina B5 ou ácido pantoténico Vitamina B6, piridoxina, piridoxal, piridoxamina ou adermina Vitamina B7, biotina, factor bios, coenzima R, vitamina H, vitamina B8, vitamina Bw Vitamina B9, ácido fólico, folacina, factor S, factor U, vitamina 10, vitamina 11 ou vitamina M Vitamina B12, cianocobalamina ou factor extrínseco de Castle Vitamina B15* ou ácido pangámico Vitamina B17*, laetril ou amigdalina Vitamina BT ou carnitina Nota: as marcadas cun (*) non se consideran realmente vitaminas.
Liposolubles: Vitamina A, retinol, vitamina antixeroftálmica ou vitamina antiinfecciosa Vitamina D, calciferol (colecalciferol ou D3) (antirraquítica) Vitamina E, tocoferol, vitamina antiesterilidade ou vitamina da fertilidade Vitamina K, naftoquinona, filoquinona, vitamina antihemorráxica
Doenzas causadas pola deficiencia de vitaminas As diferentes doenzas causadas por deficiencia de vitaminas dependen do tipo de vitamina da que o individuo ten carencia.
Hemeralopía. Deficiencia de vitamina A (retinol): provoca cegueira nocturna, sequidade nos ollos (conxuntiva) e na pel, así como diversas afeccións das mucosas. Pola contra, o exceso desta vitamina pode causar trastornos como alteracións óseas e mesmo inflamacións e hemorraxias en distintos tecidos. Osteomalacia. Deficiencia de vitamina D (calciferol): produce descalcificación e deformación dos ósos (osteoporose), así como carie dental grave. Vitamina E (tocoferol). A súa deficiencia pode ocasionar anemia hemolítica (destrución dos glóbulos vermellos do sangue), dexeneración muscular e trastornos da reprodución. Vitamina K (antihemorráxica). A súa carencia pode provocar hemorraxias nasais, do aparello dixestivo ou do aparello xenitourinario. Escorbuto. Deficiencia de vitamina C (ácido ascórbico): causa sequidade e formación de puntas abertas no cabelo, xenxivite (inflamación das enxivas), sangrado das enxivas, pel áspera, seca e descamativa, diminución da capacidade de cicatrización das feridas, tendencia á formación de hematomas, hemorraxias nasais, debilitamento do esmalte dental, dor e inflamación das articulacións, anemia, diminución da capacidade para combater infeccións e un posible aumento de peso debido ao metabolismo lento. Beriberi. Deficiencia de vitamina B₁ (tiamina): provoca fatiga e alteracións do sistema nervioso en xeral. Se a deficiencia é grave, poden aparecer a síndrome de Korsakoff, caracterizada pola perda de memoria e a confusión, ou a encefalopatía de Wernicke, con trastornos oculares e confusión. Vitamina B₂ (riboflavina). A carencia de vitamina B₂ na dieta provoca trastornos oculares como fotofobia (dor ocular causada pola luz) e lagrimexo, así como alteracións bucais, entre elas a aparición de fisuras nas comisuras dos beizos e o seu avermellamento. Pelagra. Deficiencia de vitamina B₃ (niacina ou ácido nicotínico): produce dermatose, inflamación da pel, alteracións do aparello dixestivo, diarrea e deterioración do sistema nervioso, que pode chegar á demencia. Vitamina B₆ (piridoxina). A súa deficiencia importante provoca irritabilidade, debilidade, mareos, depresión, neuropatía periférica, espasmos, alteracións do crecemento, acrodinia e anemia. Anemia perniciosa. Causada pola deficiencia de vitamina B₁₂ (cianocobalamina).
Tratamento O enfoque terapéurico das avitaminoses consiste na suplementación da ditas vitaminas para solucionar a carencia.
Notas