Un burgo, en orixe, é un castelo ou lugar fortificado na Idade Media. Designa tamén a poboación que se formou arredor desa fortificación e por extensión unha cidade ou vila pequena que depende doutra maior.

Aínda que, en principio, o termo designaba unha cidade amurallada principalmente autogobernada ou con certo grao de autogoberno (nalgúns territorios, especialmente nos ámbitos británico e xermánico), na práctica, o uso oficial do termo varía moito e dá nome a unha división administrativa en varios países.

En lingua galega pode chamarse burgo a unha parte ou barrio dunha poboación situado fóra do seu recinto.

Etimoloxía e toponimia A palabra provén do latín burgus, que significa "pequena fortaleza poboada", un préstamo lingüístico do protoxermánico ou xermánico común burgs, co significado de forte ou fortificación, do que derivan numerosas palabras en linguas xermánicas e románicas.Burgo - Dicionário eletrônico Houaiss da língua portuguesa 3.0 miniatura|Inscrición "burg" no poema Beowulf . Compárese co inglés bury, borough, brough e burgh; co burgh da lingua scots; co alemán burg; coas linguas escandinavas borg; co neerlandés burcht e cos préstamos xermánicos presentes noutras linguas indoeuropeas veciñas como as románicas borgo (italiano), bourg (francés) burg (romanés) ou burgo (galego-portugués e castelán).

Noutras linguas máis distantes tamén aparece o termo partindo da mesma raíz, como o bengalí (durgo দুর্গ ) ou hindi (durg दर्ग ).

En alemán a palabra burg asóciase con edificios fortificados máis antigos, mentres que a palabra schloss asóciase con palacios e castelos construídos na Europa baixomedieval.

A aparición destas palabras como sufixos en topónimos (por exemplo, Canterbury, Estrasburgo, Luxemburgo, Edimburgo, Hamburgo, Gotemburgo, Xohanesburgo entre outros) indica xeralmente que eran asentamentos fortificados.

Idade Media Durante a Baixa Idade Media, o declive do feudalismo e o crecemento do comercio e o maior dinamismo da vida urbana favoreceron o desenvolvemento de numerosos burgos e a transformación das cidades europeas. Moitos deses burgos desenvolvéronse arredor de castelos, mosteiros, pontes ou mercados. O incremento do comercio favoreceu a súa expansión e a aparición dunha clase urbana dedicada ao comercio e á artesanía.

As cidades medievais desenvolvéronse grazas ao intercambio de mercadorías entre diferentes territorios, localidades ou feudos, por exemplo entre burgos e vilas. Os produtores acudían aos mercados e feiras para vender ou trocar os seus produtos, o que favoreceu o crecemento comercial, a circulación monetaria e a consolidación dos burgos como centros económicos e artesanais.

Estes núcleos de poboación estaban habitados principalmente por artesáns, comerciantes, cambistas e banqueiros e outros profesionais, organizados con frecuencia en gremios. Co paso do tempo a composición social dos burgos foise diversificando e incorporáronse tamén outros oficios urbanos; xa na Idade Moderna e especialmente na Contemporánea, incluía industriais, propietarios de fábricas e outro tipo de profesións. Os seus habitantes foron chamados burgueses, crecendo progresivamente en poder económico de tal xeito que no século XIX acabaron constituíndo a burguesía como clase dominante.

Divisións administrativas Un burgo, burg, borough e termos similares é unha subdivisión administrativa empregada no Canadá (no Quebec), no Reino Unido (para definir as cidades constituíntes do Gran Londres) e nalgúns Estados dos EUA (Alasca, Connecticut, Minnesota, Virxinia, Pensilvania, Nova Jersey e Nova York, nesta última como unha das cinco divisións da cidade de Nova York).

É do mesmo xeito equivalente a distrito, freguesía ou parroquia civil. Ás veces, o termo "bairro" ou "barrio" tamén se emprega como unha palabra máis actual, aínda que se entende que os burgos, distritos e parroquias xeralmente indican subdivisións administrativas inmediatas dunha cidade (concello ou municipio), mentres que un barrio adoita servir só como referencia xeográfica.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

As Burgas, Ourense Burga de Xermeade Burguesía Borough (homónimos) Burh Burgrave Burgred Burgomestre Burgas Burgás Burgus Feudo Feudalismo Forte Urbanismo Suburbio

Categoría:Divisións administrativas Categoría:Toponimia Categoría:Xeografía humana Categoría:Idade Media Categoría:Historia de Europa