Laura Castro Santos, nada en Betanzos en 1985, é unha enxeñeira industrial, catedrática e investigadora galega.
Foi a primeira catedrática universitaria no ámbito da construción naval en Galicia e a segunda en España.
Traxectoria
Enxeñeira Industrial na especialidade de enerxía, especializouse cos mestrados: Posgrao Citius de Iniciación Profesional na Empresa (Universidade Autónoma de Madrid), Mestrado Universitario en Enxeñaría Marítima (Universidade da Coruña), Mestrado en Xestión e Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) (Universidade de Santiago de Compostela) e Mestrado en Prevención de Riscos Laborais (2016). Tamén é Doutora Internacional pola Universidade da Coruña (UDC).
É Catedrática de Universidade na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol na Universidade da Coruña, Departamento de Enxeñaría Naval e Industrial, área de Construcións navais.
Está interesada no estudo técnico-económico das enerxías renovables mariñas: enerxía eólica mariña, enerxía undimotriz, sistemas híbridos de enerxía mariña, etc.
Investigadora principal dos proxectos:
Proxecto europeo ARCWIND «Adaptation and implementation of floating wind energy conversion technology for the Atlantic region». Proxecto nacional SEARENEW «Design of a tool for the selection of offshore renewable energy locations and technologies: application to Spanish territorial waters». Proxecto europeo Erasmus+ «STEM Is Inspiring Future Careers». Proxecto nacional SEASUN «Characterization of a software to determine the roadmap of the offshore solar energy in the Spanish shore». Proxecto europeo Horizon Europe Marie Curie Staff Exchanges WINDHY «Multi-disciplinary risk management for stable, safe, and sustainable offshore wind-powered hydrogen production». Proxecto europeo Erasmus+ 3E Partnership «European Energy Efficiency towards Mutually Reinforcing Partnership with Georgia, Azerbaijan and Ukraine». Proxecto nacional SEAPLAN «Tool for strategic planning of energy storage from marine renewable energy sources in Spain».
Obras
Metodolología para la evaluación económica de parques eólicos offshore flotantes a través del análisis del coste de las fases de su ciclo de vida (2013). A Coruña: Tórculo. ISBN 978-84-615-5188-7. Tese de doutoramento.
Libros colectivos
RoadMap para as Energias Renováveis Offshore em Portugal (2014). Lisboa: Gratifime. ISBN 978-989-20-4498-9. Floating offshore wind farms (2016). Con Vicente Díaz-Casas. Suíza: Springer. ISBN 978-3-319-27970-1. Financial management ans risk analysis strategies for business sustainability (2021). Estados Unidos: IGI global. ISBN 978-1-7998-7635-9.
Premios
2009: Primeiro Premio do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia 2013: Premio ao mellor póster no Congreso DeepWind en Noruega 2014: IX Premio de Investigación González Llanos na área de enxeñaría naval. 2023 e 2025: Incluída na “World's Top 2% Scientist List” que elabora a Stanford University. 2026: Premio Nacional de Investigación Ángeles Alvariño na área de Ciencias e Tecnoloxías dos Recursos Naturais, pola «excelencia da súa traxectoria académica no desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes».
Notas
Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1985 Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes