William Michael «Billy» Zabka, nado en Nova York o 20 de outubro de 1965, é un actor, exmodelo, guionista, director e produtor estadounidense. É máis coñecido polo seu papel como Johnny Lawrence na película Karate Kid (1984) e na serie secuela Cobra Kai (2018-2025).

Traxectoria Zabka naceu na cidade de Nova York, fillo de Nancy Heimert, produtora e asistente de produción, e de Stanley William Zabka, director, escritor e compositor. O seu pai traballou como asistente de dirección no programa The Tonight Show Starring Johnny Carson durante os dous primeiros anos da etapa de Carson, e participou na produción dalgunhas longametraxes como Forced Vengeance (1982), protagonizada por Chuck Norris.

En 1983, Zabka graduouse na El Camino Real Charter High School dos Ánxeles, California, antes de asistir brevemente á Universidade Estatal de California, Northridge, Os Ánxeles, onde estudou cinema.

Zabka casou coa súa esposa, Stacie, en 2008 e teñen dous fillos.

Carreira profesional Zabka iniciou a súa carreira cinematográfica na película Karate Kid (1984), co que segue a ser o seu papel máis coñecido ata o momento: interpretaba a Johnny Lawrence, o antagonista que ataca e persegue constantemente ao protagonista Daniel LaRusso (Ralph Macchio). Co mesmo personaxe tamén fixo unha breve aparición ao comezo de Karate Kid II, durante a curta continuación do final da primeira película.

Nos últimos anos iniciou unha carreira como director de curtametraxes, obtendo unha candidatura ao Óscar en 2004 por Most, escrito e dirixido por el mesmo.

En 2013 reapareceu como actor de televisión xunto a Ralph Macchio na serie de comedia estadounidense How I Met Your Mother (en España, Cómo conocí a vuestra madre), no episodio 22 da oitava tempada, «The Bro Mitzvah», interpretándose a si mesmo. Volveu aparecer en varios episodios da mesma serie durante a novena tempada.

O 4 de agosto de 2017 anunciouse que Zabka volvería interpretar o papel de Johnny Lawrence nunha serie de 10 episodios baseada en Karate Kid para YouTube Premium, titulada Cobra Kai, que se estreou en 2018. Zabka tamén é coproductor executivo da serie xunto con Ralph Macchio. A serie comeza 33 anos despois dos acontecementos da primeira película e xira arredor dun Johnny deprimido que, buscando reconstruír a súa vida, volve abrir o dojo Cobra Kai. Isto reaviva a súa rivalidade cun agora exitoso Daniel LaRusso (Macchio), quen leva tempo loitando por manter o equilibrio na súa vida sen a guía do seu xa falecido mentor, o Sr. Miyagi.

Filmografía

Longametraxes

1984 Karate Kid 1985 Just One of the Guys 1985 National Lampoon's European Vacation 1986 Back to School 1986 The Karate Kid Part II 1988 A Tiger's Tale 1991 For Parents Only 1993 Shootfighter: Fight to the Death 1994 Unlawful Passage 1995 The Power Within 1996 Shootfighter II 1997 High Voltage 1999 Interceptors 2000 Falcon Down 2001 Ablaze 2001 Mindstorm 2002 Gale Force 2002 Hyper Sonic 2002 Landspeed 2002 Dark Descent 2002 Antibody 2003 Most 2004 Roomies 2007 Smiley Face 2007 Cake: A Wedding Story 2007 Starting from Scratch 2010 Hot Tub Time Machine 2010 Mean Parents Suck 2011 Cross 2014 Where Hope Grows 2015 The Dog Who Saved Summer 2016 The Man in the Silo 2024 The Cobra Kai Movie 2025 Karate Kid: Legends

Televisión

1983 The Greatest American Hero 1984 Gimme a Break! 1984 CBS Schoolbreak Special 1984–1985 E/R 1985–1989 The Equalizer 1986 Dreams of Gold: The Mel Fisher Story - Película para televisión 1989 Protect and Surf - Película para televisión 1996 To the Ends of Time - Película para televisión 2000 Epoch - Película para televisión 2000 Python - Película para televisión 2001 18 Wheels of Justice 2002 Python II - Película para televisión 2011 Jimmy Kimmel Live! 2013 Robot Chicken 2013–2014 How I Met Your Mother 2014 Psych 2015 Gortimer Gibbon's Life on Normal Street 2015 To Appomattox 2018–2025 Cobra Kai 2024 Password 2024 The Tonight Show Starring Jimmy Fallon TBD Scarpetta

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América