As moedas de frota de Marco Antonio son un conxunto de moedas de bronce cuñadas por Marco Antonio no Mediterráneo oriental desde o 40 a.C. ata o 30 a.C. Nestas emisións introducíronse denominacións de estilo romano na metade oriental do Imperio Romano,Simões Valério, J. P. (2019). "The Romanitas of Mark Antony’s Eastern Coins". En Greek Art in Motion. Archaeopress Archaeology. Páxinas 249-258. ISBN 978 1 78969 024 8Kroll, J. H. (1997). "Traditionalism vs Romanization in Bronze Coinages of Greece, 42-31 B.C.". En Topoi. Orient-Occident. 7-1. Páxinas 123-136. e formou a base das reformas monetarias producidas baixo Augusto.
A ceca tamén é referida polos numismáticos como RPC 1 1453-70 e 4092, segundo a designación fixada no volume I de Roman Provincial Coinage.Véxase "Burnett, A.; Amandry, M.; Ripollès, P. P. (1992)" en "Bibliografía".
Denominación No 40 a.C., os rivais Marco Antonio e Octavio acordaron o Tratado de Brundisium, que lle asignou a Marco antonio a metade oriental do Imperio Romano. A moeda da frota foi un conxunto de denominacións de bronce emitidas para servir como moeda miúda na rexión baixo o seu control. Foron os numismáticos modernos os que se refiren a estas emisións como "moedas de frota", porque foron levadas a cabo por tres dos prefectos da frota de Marco Antonio —Lucio Calpurnio Bíbulo, Lucio Sempronio Atratino e Marco Opio Capito—, cuxos nomes aparecen no anverso das emisións. Hai seis denominacións en relación co seu valor nominal, que son as seguintes:Rowan, C. (2019). Páxinas 86-88.
Valores nominais e caracterización +Valor nominalAnversoReversoReferenciaImaxeDescriciónImaxeDescriciónSestercio4 áses140x140pxBustos enfrontados de Marco Antonio e Octavia.140x140pxDúas figuras montadas nun carro tirado por catro hipocampos, HS ΔRPC 1453Tressis(3 áses)130x130pxBustos de Marco António e Octavio á esquerda, fronte ao busto de Octavia130x130pxTres barcos, un tríscele abaixo, ΓDupondio(2 áses)120x120pxBustos enfrontados de Marco Antonio e Octavia.120x120pxDous barcos, con dous sombreiros dos Dióscuros enriba, ΒRPC 1455Ás(12 uncias)100x100pxBustos acaroados de Marco Antonio e Octavia-100x100pxUn barco, coa cabeza de Medusa abaixo, ARPC 1456Semis(6 uncias)90x90pxBusto de Marco Antonio90x90pxProa dun barco, SRPC 4092Quadrans(3 uncias)80x80pxCabeza bifronte80x80pxProa dun barco, tres puntos
Tendo en conta os lugares onde se acharon as moedas, parece que houbo tres cecas separadas: unha na colonia romana de Corinto, que fora fundada en 44 a.C.; outra nunha cidade costeira do Levante; e probablemente outra no Pireo, o porto de Atenas.Kroll, J. H. (1997). Hoff, M. C.; Rotroff, S. I. (eds.). The Romanization of Athens : proceedings of an international conference held at Lincoln, Nebraska (April 1996). Oxbow Books, Oxford. Páxina 141. ISBN 978-1-900188-51-7
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Amandry, M. (1986). "Le monnayage en bronze de Bibulus, Atratinus et Capito". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 65. Páxinas 73-85. Amandry, M. (1987). "Le monnayage en bronze de Bibulus, Atratinus et Capito II". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 66. Páxinas 101-134. Amandry, M. (1990). "Le monnayage en bronze de Bibulus, Atratinus et Capito III". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 69. Páxinas 65-96. Amandry, M. (2008). "Le monnayage de L. Sempronius Atratinus revisité". En American Journal of Numismatics. 20. American Numismatic Society.Páxinas 421-434. Bahrfeldt, M. (1905). "Die Munzen der Flottenprafekten des Marcus Antonius". En Numismatische Zeitschrift. 37. Páxinas 9-56.Crawford, M. H. (1974). Roman Republican Coinage. Vol. I / Vol. II. Cambridge University Press. ISBN 0-521-07492-4 Burnett, A.; Amandry, M.; Ripollès, P. P. (1992). The Roman Provincial Coinage. Vol. I. From the death of Caesar to the death of Vitellius (44 BC-AD 69). ISBN 0 7141-0871-5
Rowan, C. (2019). From Caesar to Augustus (c. 49 BC-AD 14) : using coins as sources. Cambridge University Press. Páxinas 109-116. ISBN 9781107675698.
Outros artigos Moeda da Antiga Roma Marco Antonio Moeda lexionaria de Marco Antonio
Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Marco Antonio