Bernard Tissier de Mallerais, nado o 14 de setembro de 1945 en Sallanches (Alta Savoia, Francia) e finado o 8 de outubro de 2024 en Sion (Suíza), foi un bispo católico latino francés da Fraternidade Sacerdotal de San Pío X (FSSPX). Traxectoria Primeiros anos Após estudar Bioloxía, ingresou no Seminario Internacional da Fraternidade Sacerdotal de San Pío X en Écône (Suíza), en outubro de 1969. Foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1975 por Marcel Lefebvre. Posteriormente, exerceu funcións de profesor, vicerreitor e reitor do seminario, alén de secretario xeral da FSSPX. Episcopado e excomuñón O 30 de xuño de 1988 foi ordenado bispo por Lefebvre, xunto con Bernard Fellay, Richard Williamson e Alfonso de Galarreta, sen contar con mandato pontificio, coa xustificación de estado de necesidade; tivo como co-consagrante ao bispo brasileiro Antônio de Castro Mayer. A Santa Sé declarou que os implicados incorreran en excomuñón latae sententiae, posteriormente formalizada polo motu propio Ecclesia Dei, promulgado por Xoán Paulo II en 1988.C.I.C. 1382 - O bispo que confere a alguém a consagração episcopal sem mandato pontifício, assim como aquele que recebe dele a consagração, incorre em excomunhão latae sententiae reservada à Santa Sé.Estado de necessidade: http://www.fsspx.com.br/breve-catecismo-do-estado-de-necessidade/ Motu Proprio Ecclesia Dei Aflicta

Ministerio episcopal No exercício do ministerio episcopal, realizou ordenacións de sacerdotes, e tamén a ordenación episcopal de Licínio Rangel en 1991, após a morte de Castro Mayer, para a administración apostólica persoal San Xoán María Vianney. En 2002 publicou unha biografía de Lefebvre. Residia no seminario de Écône e dominaba as linguas francesa, inglesa, alemá e castelá.

Levantamento da excomuñón O 21 de xaneiro de 2009, a Santa Sé, por medio do Dicasterio para os Bispos e baixo o pontificado de Bieito XVI, levantou as excomuñóns anteriormente declaradas.

Notas

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Sallanches Categoría:Finados en 2024 Categoría:Bispos católicos de Francia Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Fraternidade Sacerdotal San Pío X