Pedro Aparicio Sánchez, nado en Madrid, o 4 de outubro de 1942, e finado en Málaga, o 25 de setembro de 2014, foi un médico e político español do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE).
Traxectoria Foi alcalde de Málaga de 1979 a 1995 e o primeiro en presidir a Federación Española de Municipios e Provincias. De 1994 a 2004, foi deputado no Parlamento Europeo. Anteriormente, de 1982 a 1986, foi deputado no Parlamento de Andalucía por Málaga e, posteriormente, de 1994 a 2000, presidiu o PSOE de Andalucía.
Fóra da política, escribiu Sur de Europa, unha escolma de artigos publicados no xornal Sur, que posteriormente foron recompilados no libro Mi última instancia, publicado postumamente.
Nota
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha do Parlamento Europeo
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alcaldes de Málaga Categoría:Europarlamentarios de España (1994-1999) Categoría:Europarlamentarios de España (1999-2004)