Ángel Davila Outerelo, nado en Ponteareas en 2007, é un futbolista galego que xoga coma dianteiro no Celta de Vigo Fortuna, o filial do Celta de Vigo. Comezou a súa carreira profesional con cinco anos no club ponteareano AD Vila do Corpus, e posteriormente foi incorporado na etapa de Benxamín ás filas do Celta. Ángel Davila provén dunha familia de futbolistas: o seu irmán, Gorka Davila, milita no Xuvenil de Ponteareas; e o seu pai, Fermín Davila, chegou a xogar en diferentes equipos da Segunda División B.
O 7 de xullo de 2026, Davila foi anunciado coma incorporación ao Celta Fortuna, cunha ampliación do seu contrato até 2030.
Traxectoria Ángel Davila comezou á idade de 5 anos xogando nun dos clubs do seu concello natal, a AD Vila do Corpus de Ponteareas. Á idade de benxamíns, Davila estivo a piques de fichar polo Coruxo, club onde xogaba o seu irmán Gorka e que, por motivos loxísticos, beneficiaba a ambos futbolistas. Porén, o membro do equipo de scouting celeste, Álex Otero, fichouno para as categorías inferiores do club de A Madroa.
Na tempadada 2025-26 da División de Honra xuvenil, xogou 1153 minutos e anotou catro goles, sendo suplente do internacional Bernard Somuah. Foi tamén o máximo goleador na Copa do Rei xuvenil, con cinco tantos en tres encontros.
Notas
Categoría:Nados en 2007 Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B