Lástenes de Creta (en latín Lasthenes, en grego antigo Λασθένης "Lasthénes") foi un líder cretense que participou activamente en convencer os insulares para que resistisen o ataque de Marco Antonio Crético no ano -73. Traxectoria Cando, tras a derrota de Antonio, os cretenses enviaron unha embaixada a Roma para pediren a paz, o senado impuxo como condición a rendición e entrega dos principais líderes opostos a Roma: Lástenes e Panares. Os cretenses rexeitaron esta condición e seguiu a guerra liderada por Quinto Metelo Crético (-68) na que Lástenes foi un dos principais líderes da resistencia cretense. Xunto con Panares reuniu un exército de 24 000 homes cos que se enfrontaron aos romanos durante uns tres anos grazas á habilidade dos arqueiros e ao seu rendemento persoal.
Ao final, Metelo derrotou a Lástenes preto de Cidonia, e fuxiu a Cnosos, onde o xeneral romano o cercou. Lástenes prendeu lume á casa onde vivía, queimando todos os obxectos de valor, e, aproveitando a confusión, fuxiu a Lictos, pero finalmente tivo que se render coa condición de salvar a súa vida. Metelo quería manter a Lástenes e Panares como prisioneiros para adornar o seu triunfo ao seu regreso a Roma, pero tivo que entregalos a Cneo Pompeio, baixo cuxa protección se colocaran os cretenses3.Lasthenes en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 723..
Notas
Categoría:Gobernantes da Grecia antiga Categoría:Personalidades sen imaxes categoría:finados no século -I