Atze Schröder é o nome artístico do cómico alemán Hubertus Albers, nado en Emsdetten o 27 de setembro de 1965. A personaxe, caracterizada por unha perruca encrechada, lentes de sol e unha imaxe deliberadamente estereotipada do home do Ruhr así como o emprego do ruhrdeutschO ruhrdeutsch é unha variante do alto alemán que dende comezos do século XX case desprazou totalmente os dialectos baixo alemáns que se falaban no Val do Ruhr. Véxase Heinz H. Menge: Regionalsprache Ruhr: Grammatische Variation ist niederdeutsches Substrat. Eine forschungsleitende Hypothese. In: Arend Mihm (Hrsg.): Sprache an Rhein und Ruhr. Dialektologische und soziologische Studien zur sprachlichen Situation im Rhein-Ruhr-Gebiet und ihrer Geschichte (= Zeitschrift für Dialektologie und Linguistik. Beiheft. 50). Franz Steiner Verlag, Stuttgart 1985, p. 195, 198–200., acadou notoriedade a partir da década de 1990 e converteuse nunha das figuras máis coñecidas da comedia televisiva alemá. A súa popularidade aumentou especialmente coa serie Alles Atze, emitida por RTL.
Traxectoria Iniciou a súa actividade profesional no ámbito da comedia en 1995 e realizou as súas primeiras actuacións no Schmidt Theater de Hamburgo, e pouco despois realizou unha xira por Alemaña.
A personaxe desenvolveuse no circuíto da comedia stand-up alemá e as súas aparicións a partir de 1996 en programas de televisión humorísticos, como TV Kaiser, formando parte dun trío, ou xa como monologuista en 1997 nun programa da Quatsch Comedy Club favoreceu que se fixese coñecido.
Alles Atze A consolidación definitiva estivo estreitamente ligada á serie de televisión Alles Atze, producida para a RTL. A primeira emisión aconteceu o 7 de xaneiro de 2000 e durou seis tempadas cun total de 63 episodios. A acción desenvólvese no barrio de Essen-Kray, onde o personaxe principal, Atze Schröder, rexenta un quiosco e vive coa súa noiva Sabine «Biene» Dreher, interpretada por Heike Kloss, e conta cun empregado, Murat Günaydin, interpretado por Fatih Cevikkollu. Entre os premios que levou a serie salientan o Deutscher Comedypreis e o Deutscher Fernsehpreis.
Cine e televisión A personaxe apareceu tamén en producións cinematográficas. En 2004 no filme 7 Zwerge – Männer allein im Wald interpretou o papel do bufón da corte. Participou tamén en 7 Zwerge – Der Wald ist nicht genug en 2006 e U-900 en 2008. A súa actividade televisiva incluíu tamén a presentación de diferentes programas e galas de comedia, e en varias ocasións presentou a entrega do premio Deutscher Comedypreis. En 2019 Atze Schröder no novo presentador de NightWash na súa nova etapa televisiva en Sat.1. Podcasts En febreiro de 2019 Atze Schröder e Till Hoheneder iniciaron o podcast ‘’Zärtliche Cousinen’’, amigos dende décadas atrás, o podcast abordaba asuntos moi diversos da vida cotiá e permitía observar unha faceta do intérprete diferente da personaxe escénica ata rematar en xuño de 2025. Tamén en 2019, en setembro, principiou un podcast diferente, Betreutes Fühlen, co psicólogo Leon Windscheid .
Notas
Ligazóns externas
Sitio web oficial de Atze Schröder Alles Atze en RTL+ NightWash
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Humoristas Categoría:Nados en Renania do Norte-Westfalia