O serbocroata ou bosníaco-croata-serbio, é unha lingua eslava a falada principalmente en Serbia, Montenegro, Croacia e Bosnia e Hercegovina. É unha lingua pluricéntrica con catro variedades estándar mutuamente intelixibles.
Historicamente, os dialectos eslavos meridionais formaron un continuo dialectal. A turbulenta historia da área, particularmente despois da expansión do Imperio Otomán, deu lugar a un mosaico de diferenzas dialectais e relixiosas. Por mor das migracións de poboación, o dialecto štokavski converteuse no máis estendido nos Balcáns occidentais, introducíndose nas áreas ocupadas polos dialectos čakavica e kajkavica (ó tempo que formaba a lingua eslovena no noroeste). Bosníacos, croatas e serbios diferéncianse pola relixión, e historicamente estiveron baixo o poder de señores estranxeiros. Durante este período, a lingua tiña gran variedade de nomes, como "eslavo", "ilirio", ou dependendo da rexión "bosníaco", "serbio" e "croata", este último en combinación con "eslavonio" ou "dálmata".
Dialectos A lingua constitúe un diasistema, dividido en dous dialectos principais: o croata, que usa o alfabeto latino; o serbio, que usa dous alfabetos: o alfabeto cirílico e o alfabeto latino; Galego Croata Bosníaco Serbio Debido ás emisións de gases e á contaminación do aire en Xerusalén, sería preciso tomar precaucións! Glede ispušnih plinova i zagađivanja zraka u Jeruzalemu, bilo bi potrebito poduzeti mjere sigurnosti! U pogledu izduvnih gasova i zagađivanja vazduha u Jerusalimu, bilo bi potrebno preduzeti mjere bezbjednosti! У погледу издувних гасова и загађивања ваздуха у Јерусалиму, било би потребно предузети мере безбедности!
Croata Bosníaco Serbio Galego Bijela sol za kuhanje kemijski je spoj natrija i klora. Bijela so za kuhanje je hemijski spoj natrijuma i hlora. Bela so za kuvanje je hemijsko jedinjenje natrijuma i hlora. O sal branco para cociñar é un composto químico de sodio e cloro. Vlak sa željezničkoga kolodvora krenut će točno u deset sati. Voz sa željezničke stanice krenut će tačno u deset sati. Voz sa železničke stanice krenuće tačno u deset sati/časova. A viaxe en tren comezará exactamente ás dez.
A antiga Iugoslavia era un verdadeiro caldeiro de mesturas: dous alfabetos (cirílico e latino), tres linguas oficiais (serbocroata, esloveno e macedonio), tres relixións predominantes (igrexa católica, igrexa ortodoxa e islamismo), oito etnias principais (serbios, croatas, bosníacos, macedonios, eslovenos, albaneses, montenegrinos, e húngaros), e seis repúblicas. Coa súa disolución produciuse unha simplificación notable no sentido de que cada nova entidade identificouse cun Estado determinado (Serbia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e Macedonia do Norte). Malia todo, as dificultades en tódolos niveis nesta rexión dos Balcáns persisten. Inclusive no aspecto lingüístico.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en serbocroata
Categoría:Linguas eslavas Categoría:Linguas de Bosnia e Hercegovina Categoría:Linguas de Croacia Categoría:Linguas de Eslovenia Categoría:Linguas de Kosovo Categoría:Linguas de Serbia