A paleoviroloxía é o estudo dos virus que existiron no pasado pero que agora están extintos. En xeral, os virus non poden deixar restos fósiles físicos; razón pola que se usan evidencias indirectas para reconstruír o pasado. Por exemplo, os virus poden causar a evolución dos seus hóspedes, e as sinaturas desa evolución poden atoparse e interpretarse hoxe. Ademais, algúns fragmentos xenéticos virais que foron endoxenizados nas células da liña xerminal dun organismo antigo foron transmitidos ata os nosos días como fósiles virais, ou elementos virais endóxenos (EVEs). Os EVEs que se orixinaron pola integación de retrovirus denomínanse retrovirus endóxenos, ou ERVs, e a maioría dos fósiles virais son ERVs. Poden conservar as súas secuencias xenéticas por millóns de anos; de aí vén a terminoloxía de "fósil", aínda que nunca se detectou un virus en fósiles minerais. Os fósiles virais máis sorprendentes orixináronse de virus de ADN e de ARN non retrovirais.

Terminoloxía Aínda que non hai un sistema de clasificación fomal para os EVEs, son categorizados de acordo coa súa taxonomía viral de orixe. De feito, todos os tipos de xenomas virais coñecidos e estratexias de replicación, como os definidos na clasificación de Baltimore, atopáronse no rexistro fósil xenómico. Os acrónimos designáronse para describir diferentes tipos de fósiles virais.

EVE: Elemento viral endóxeno ERV: Retrovirus endóxeno HERV: Retrovirus endóxeno humano NIRV: os fósiles virais orixinados a partir de virus de ARN non retrovirais denomináronse virus de ARN integrados retrovirais ou NIRVs (siglas do inglés Non-retroviral Integrated RNA Viruses). A diferenza doutros tipos de fósiles virais, a formación de NIRVs require tomar prestada a maquinaria de integración que está codificada no xenoma do hóspede ou a coinfección cun retrovirus. Lida, Atsuo (2020). "Heritable endogenization of an RNA virus in a mammalian species". bioRxiv 10.1101/2020.01.19.911933. Outros fósiles virais orixínanse a partir de virus de ADN, como os hepadnaviruses (un grupo que inclúe o virus da hepatite B)."Ancient "Fossil" Virus Shows Infection to Be Millions of Years Old", by Katherine Harmon, Scientific American, 29 de setembro de 2010

Resurrección de virus Informouse de intentos con éxito de "resucitar" virus extintos a partir de fósiles de ADN."How to Resurrect an Extinct Retrovirus", Scientific American, 2 de novembro de 2006 Ademais, conseguiuse revivir a Pithovirus sibericum a partir de restos dun núcleo de xeo de 30.000 anos de antigüidade extraído do permafrost de Siberia, Rusia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos ADN antigo Retrovirus endóxeno Proxecto Xenoma Humano Mutaxénese insercional Virus iridescente de invertebrados 31 Micropaleontoloxía Paleobioloxía Paleoxenética Eucarioxénese viral

Categoría:Viroloxía