Y Gododdin é un poema medieval en lingua galesa composto por unha serie de 99 elexías aos homes do reino britano de Gododdin e os seus aliados que, segundo a interpretación tradicional, morreron loitando contra os anglos de Deira e Bernicia na batalla de Catraeth contra o ano 600. Adoita asociarse ao bardo Aneirin e sobrevive só nun manuscrito, o Libro de Aneirin.

O devandito manuscrito data de finais do século XIII, mais o Y Gododdin ten a súa orixe entre os séculos VII e XI. O texto ten partes escritas coa ortografía do galés medio e outras coa do galés antigo. Segundo a datación máis temperá, a súa composición é próxima ao remate da propia batalla, na rexión de Yr Hen Ogledd (en ); neste sentido, tería a súa orixe na lingua cúmbrica. Outros especialistas consideran que o Y Gododdin é obra dun poeta galés dos séculos IX, X ou XI. Incluso a datación no século IX convertería a obra nunha das pezas de poesía máis antigas que se conservan en lingua galesa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

The Book of Aneurin, texto orixinal e tradución inglesa de Skene. Castelo de Edimburgo e comentarios do texto

Categoría:Obras literarias en galés Categoría:Poesía