The Farewell é un filme estadounidense de comedia dramática de 2019, escrito e dirixido por Lulu Wang. Está protagonizado por Awkwafina, Tzi Ma, Diana Lin e Zhao Shuzhen. O filme segue a unha muller chinesa-estadounidense chamada Billi, que descobre que á súa avoa (coñecida como Nai Nai) só lle queda un curto tempo de vida. Desexando ver a Nai Nai antes de morrer, pero tamén sen querer revelarlle a súa enfermidade fatal, a familia de Billi utiliza unha voda improvisada como pretexto para reunirse na súa cidade natal. Ao longo da preparación para a voda, Billi loita con sentimentos conflitivos sobre o engano da súa familia e se debe revelar a verdade a Nai Nai.
O filme baséase en parte nas experiencias de vida da directora Wang, que ela compartiu publicamente como parte da súa historia de radio "What You Don't Know".
Personaxes Awkwafina como Billi Wang (王比莉) Tzi Ma como Haiyan Wang (王海燕), pai de Billi Diana Lin as Jian Lu (陆建), nai de Billi Zhao Shu-zhen como Nai Nai (奶奶), avoa paterna de Billi Lu Hong (como ela mesma) como Little Nai Nai (姨奶奶), irmá máis nova da avoa de Billi Jiang Yongbo como Haibin Wang (王海滨), irmán máis vello de Haiyan Chen Han como Hao Hao (浩浩), fillo de Haibin Aoi Mizuhara como Aiko (爱子), prometida xaponesa de Hao Hao Zhang Jing como Yuping, curmá de Haiyan Li Xiang como tía Ling, esposa de Haibin Yang Xuejian como Mr. Li Jim Liu como Dr. Song (宋医生)
Notas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Lulu Wang Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Filmes sobre a vellez Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes sobre cancro Categoría:Filmes de A24 Films