Jang Won-young (en coreano: 장원영), nada en Seúl o 31 de agosto de 2004, é unha cantante surcoreana integrante do grupo feminino Ive e con anterioridade formou parte de Iz*One.
Traxectoria Naceu no sur da capital coreana, no barrio de Ichon-dong, a súa irmá máis vella é a actriz Jang Da-ah. Jang graduouse na Escola de Artes Escénicas de Seúl o 9 de febreiro de 2023.
2018–2021: Produce 48 e Iz*One 250px|miniatura|esquerda|Jang durante a súa participación no programa Produce 48 En 2018 participou no concurso televisivo Produce 48 en representación de Starship Entertainment canda An Yu-jin e Cho Ka-hyeon. Na final, que se emitiu o 31 de agosto, terminou no primeiro posto e, xa que logo, logrou entrar no grupo feminino Iz*One, que fixo o seu debut o 29 de outubro de 2018 co EP Color*Iz que tiña como tema principal «La Vie en Rose». Tanto o EP coma o sinxelo acadaron éxito comercial e gañaron varios premios á mellor revelación, entre eles o do Golden Disk Awards e o do Seoul Music Awards . O 6 de febreiro de 2019 apareceu o primeiro sinxelo cantado en xaponés do grupo, «Suki to Iwasetai», co selo EMI Records. Con Sakura Miyawaki representou ao seu grupo nunha actuación conxunta con Nogizaka46, Keyakizaka46 e AKB48 no Festival de Música FNS. En setembro de 2019 participou no seu primeiro desfile de moda, na 29ª Tokyo Girls Collection e posteriormente desfilou tamén na edición que se realizou en Kitakyushu. O 17 de febreiro de 2020 publicouse o primeiro álbum de estudio do grupo,Bloom*Iz, Jang foi unha das letristas do tema "Dreamlike".
Ive miniatura|esquerda|Jang nunha actuación co grupo Ive en 2023 O 29 de abril de 2021 Iz*One disolveuse. Entre outubro de 2021 e setembro de 2022 presentou o programa musical Music Bank canda Sunghoon. E xunto con Leeteuk presentou en decembro de 2021 os Asia Artist Awards. En novembro de 2021 Starship Entertainment anunciou que Jang ía ser unha das seis compoñentes do novo grupo feminino Ive, o primeiro sinxelo da banda foi o 1 de decembro co título Eleven.
En setembro de 2022 participou na Semana da Moda de París como embaixadora das marcas de moda de luxo Miu Miu e Fred Joaillier. O 13 de decembro presentou os 17º Asia Artist Awards con Leeteuk e tres días despois o Festival da Canción da KBS con Na In-woo e Kim Shin-young. En abril de 2023 saíu o primeiro álbum de estudio de Ive, I've Ive, e Jang foi a encargada de escribir a letra de dous temas "Mine" e "Shine with Me". Tamén presentou en decembro canda Kang Daniel e Sung Han-bin os 8º Asia Artist Awards.
No segundo EP de Ive, que saíu o 29 de abril de 2024, Ive Switch Jang escribiu a letra de "Blue Heart", inspirada nas súas experiencias na industria do entretemento e ao escrutinio que os fans e os medios someten continuamente ás mulleres. Presentou tamén 9º Asia Artist Awards en decembro con Sung Han-bin e o KBS Music Bank Global Festival con Zico e Kim Young-dae .
En febreiro de 2025 saíu o terceiro EP coreano de Ive Ive Empathy, Jang foi unha das letristas do tema "Attitude". O sinxelo chegou ao número 7 do Circle Digital Chart. . E en agosto no cuarto EP coreano do grupo, Ive Secret, Jang foi unha das letristas do tema "XOXZ"., considerada unha das mellores cancións K-pop do ano. O 31 de outubro de 2025 Ive iniciou a súa xira musical Show What I Am en Seúl con tres concertos, e no último o 2 de novembro Jang interpretou en solitario «8», unha canción na que tamén participou como letrista. Posteriormente publicouse como parte do segundo álbum de estudio do grupo, Revive+. O tema acadou o número 17 do Circle Digital Chart. En decembro presentou o 10ª Asia Artist Awards con Lee Jun-ho.
Imaxe pública e influencia miniatura|200 px|Jang Won-young en abril de 2026 como embaixadora de Dyson Jang recibe unha atención continúa dos medios de comunicación surcoreanos, especialmente en todo o relacionado coa moda, a beleza e a publicidade. En 2026 ocupou o posto 29 da lista Forbes Korea Power Celebrity 40 con influencia especialmente na moda, publicidade e as redes sociais e ten ocupado os primeiros postos nas clasificacións mensuais de reputación de marca entre as integrantes de grupos femininos .
En 2022 Jang foi modelo e embaixadora da marca de lentes de contacto Hapa Kristin, que coincidiu co aumento do 40.3% das vendas no ano seguinte, en parte polo éxito da campaña publicitaria de Jang e os produtos da empresa pasaron a ser coñecidos como "lentes Jang Won-young". Logo do seu nomeamento como modelo de Medicube en xullo de 2025, APR, a compañía propietaria, logrou os seus mellores resultados financeiros trimestrais.
En marzo de 2026 converteuse en modelo mundial da marca de cosmética Dr. Althea e en abril anunciouse como embaixadora de Dyson para Asia e o Pacífico canda o actor Park Bo-gum.
Notas
Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Seúl Categoría:Cantantes de Corea do Sur Categoría:Modelos femininas