O receptor de tipo Toll 8 ou receptor similar a Toll 8 é unha proteína que nos humanos está codificada no xene TLR8 do cromosoma X. TLR8 tamén recibiu o nome de CD288 (cluster de diferenciación 288). É membro da familia do receptor de tipo Toll (TLR).

Función O TLR8 parece funcionar de forma diferente en ratos e humanos. Ata hai pouco, pensábase que o TLR8 non era funcional en ratos, mais parece que contrarresta a actividade de TLR7

A familia TLR xoga un papel fundamental no recoñecemento de patóxenos e activación da inmunidade innata. Os TLRs están moi conservados desde a mosca Drosophila aos humanos e comparten semellanzas estruturais e funcionais. Os TLRs recoñecen padróns moleculares asociados a patóxenos (PAMPs) que se expresan nos axentes infecciosos, e funcionan como mediadores na produción de citocinas necesarias para o corecto desenvolvemento da inmunidade. Os distintos TLRs mostran diferentes padróns de expresión. Este xene exprésase predominantemente nos pulmóns e nos leucocitos do sangue periférico, e está localizado no cromosoma X situado en estreita proximidade a outro membro da familia, o TLR7. Investigacións recentes mostraron que hai expresión de TLR8 nas interneuronas do hipocampo de ratos, con función aínda descoñecida.Seizer L, Rahimi S, Santos-Sierra S, Drexel M (2022) Expression of toll like receptor 8 (TLR8) in specific groups of mouse hippocampal interneurons. PLoS ONE 17(5): e0267860. https://doi.org/10.1371/journal.pone.0267860

O TLR8 pode recoñecer ARN monocatenario rico en GU. Porén, a presenza de secuencias ricas en GU (guanina-uracilo) no ARN monocatenario non é dabondo por si soa para estimular o TLR8. O TLR8 recoñece oligonucleótidos ricos en G. O TLR8 é activado por ARN monocatenario e forma un complexo dímero cando a uridina liberada do ARN monocatenario degradado se une a un sitio activo entre os dímeros e un oligonucleótido curto únese a outro sitio activo da superfice da estrutura do TLR8.

O TLR8 é un receptor endosómico que recoñece ARN monocatenario (ssRNA), e pode recoñecer virus de ARN monocatenario como o da gripe, o Sendai e o Coxsackie B. A unión do TLR8 ao ARN viral recruta a proteína de resposta primaria de diferenciación mieloide 88 (MyD88) e leva a activación do factor de transcrición NF-κB e unha resposta antiviral que orixina a síntese de citocinas proinflamatorias. O TLR8 recoñece os virus de ARN monocatenario de virus como o VIH e o HCV. O TLR8 está tamén implicado na activación de células dendríticas para producir factores inflamatorios para axudar a regular o crecemento de tumores, así que o TLR8 úsase a miúdo como diana na investigación de terapias no tratamento de cancros incluíndo o cancro de ovario e os linfomas.

Importancia clínica As variantes xenéticas do TLR8 foron ligadas recentemente á susceptibilidade á tuberculose pulmonar.

Como diana de fármacos Agonistas do TLR8 (por exemplo, VTX-2337) sometéronse a ensaios clínicos como estimulantes inmunes en terapia de combinación para algúns cancros. Antagonistas do TLR8 (por exemplo, CU-CPT9a) poden ter aplicacións terapéuticas contra trastornos autoinmunes.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

PDBe-KB proporciona un resumo de toda a informaci´n sobre estruturas dispoñible en PDB para o receptor de tipo Toll 8 (TLR8)

Categoría:Receptores de tipo Toll Categoría:Antíxenos CD