Saryarka: estepa e lagos do norte de Kazakhstán (en kazako: Сарыарқа - Солтүстік Қазақстан даласы мен көлдері; transliteración = Sarıarka - Soltüstik Qazaqstan dalası men kölderi) é unha parte das Terras altas de Kazakhstán (coñecida en Kazako como saryarka, ou "zona amarela") que foi designada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Inscribíuse o 7 de xullo de 2008. (ver Patrimonio da Humanidade en Kazakhstán) O sitio comprende a Reserva natural de Naurzum (situada na Provincia de Kostanay) e a Reserva natural de Korgalzhyn (situada na Rexión de Aqmola). As dúas reservas conteñen zonas húmidas que serven como importantes puntos de parada para as aves migratorias de África, Europa e sur de Asia. Estímase que entre 15 e 16 millóns de aves, incluíndo moitas especies ameazadas, usan o lugar como zona de alimentación. Os flamengos rosas en particular son unha atracción importante dentro da Reserva Korgalzhyn.

O sitio tamén alberga fauna que se atopa habitualmente na estepa casaca, incluíndo marmotas, lobos e a saiga en perigo de extinción. A reserva natural de Korgalzhyn, ao formar parte do Patrimonio da Humanidade, é unha das zonas máis populares de Kazakhstán en termos de observación de aves.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Kazakhstán

Ligazóns externas Saryarka – Steppe and Lakes of Northern Kazakhstan UNESCO

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Kazakhstán