O Canón de Aksu (tamén coñecido como Aqsý shatqaly) é un canón no río Aksu en Kazakhstán.https://www.thegef.org/newsroom/blog/nurturing-landscapes-communities-and-climate-resilience-kazakhstan O canón ten 15 km de longo e 500 m de profundidade e está situado no sur de Kazakhstán, na rexión de Turkistán, no noroeste da cordilleira de Tian Shan e ao leste das aforas da cidade de Shymkent, cun millón de habitantes. O canón de Aksu é un dos canóns máis grandes de Asia Central e, xunto ao Canón de Sharyn, un dos máis populares de Kazakhstán. Ten un carácter alpino con montañas próximas que superan os 4000 m. A Reserva natural de Aksu-Zhabagly, aínda que relativamente pequena en superficie, é rica en fauna e está incluído no Patrimonio da Humanidade da UNESCO Tian Shan Occidental.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Kazakhstán Tian Shan

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Kazakhstán