Ivan Ilich (en ruso: Иван Ильич; tamén transcrito como Ivan Ilyich, Ivan Ilitch ou Ivan Illyich) é unha combinación rusa de nome de pía e patronímico. Ilich (Ильич) é o patronímico derivado do nome Ilia (Илья).
Ivan Ilich pode referirse, entre moitos outros, a:
Ivan Ilich Golovin, protagonista de A morte de Ivan Ilich, novela curta de Lev Tolstoi publicada en 1886.
Ivan Illich, pensador austríaco e estadounidense; neste caso, Illich é o seu apelido e non o patronímico ruso Ilich.