Javier Alberola Rojas, nado en Cidade Real o 22 de xuño de 1991, é un árbitro de fútbol español da Primeira División.

Traxectoria É licenciado en Psicoloxía pola Universidade Isabel I. Militou dúas tempadas na Segunda División B, antes de ascender a Segunda en 2015.

Na súa primeira tempada na categoría de prata arbitrou o partido de volta da eliminatoria de ascenso a Primeira División entre o Girona e o Córdoba (3-1).

Despois de só dúas campañas en Segunda, categoría na que arbitrou 46 partidos, conseguiu o ascenso á Primeira División, xunto co árbitro catalán David Medié Jiménez e o asturiano Pablo González Fuertes. Converteuse así no segundo árbitro máis novo en ascender á Primeira División, despois de Brito Arceo.

Debutou na máxima categoría con 26 anos, o 26 de agosto de 2017, nun partido entre o Levante e o Deportivo da Coruña (2-2).

Foi galardoado polo xornal Marca co Trofeo Guruceta ao mellor árbitro de Primeira nas tempadas 2020/21, 2023/24 e 2024/25.

Notas

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Cidade Real Categoría:Árbitros de fútbol de España