miniatura|left|Vista do barrio de Puerto Madero, en Buenos Aires. A economía da Arxentina benefíciase de enormes recursos naturais, unha poboación bastante alfabetizada, un sector orientado á exportación agrícola e unha base industrial diversificada. Con todo, os seus resultados económicos foron moi desiguais ao longo da historia. A principios do século XX era un dos países con mellores perspectivas do mundo, pero ao longo dos anos atravesou diversas adversidades e crises que influíron negativamente na economía do país. Na actualidade, a República Arxentina é considerada como unha das principais economías emerxentes e unha das economías de maior crecemento económico do mundo. Á súa vez, pola súa dimensión económica, forma parte do G-20 (grupo dos 20 países industrializados e emerxentes).
A chatura pampeana é apta para o cultivo de cereais e oleaxinosas, así como tamén para a gandería. A Patagonia é rica en hidrocarburos (gas e petróleo), como así tamén a plataforma continental arxentina, base do mar arxentino, rico en especies como pescada, salmón etc.
Na precordilleira atópanse xacementos minerais de distinta variedade, como uranio, prata etc.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Casa de Moeda da República Arxentina