Maurice M. Gould, nado en Boston (Massachusetts) o 6 de febreiro de 1909 e finado nos Ánxeles (California) o 29 de novembro de 1975, foi un comerciante, autor e editor numismático estadounidense.
Traxectoria Maurice M. Gould naceu en 1909 en Boston, Massachusetts.Smith, P. (2025). Páxina 179.Taylor, S. (2005). Entre 1930 e 1932 asistiu á Universidade de Boston, e logo graduouse no Burdett College da mesma cidade en 1934.Smith, P. (2025). Páxina 180.
Gould era afeccionado á numismática desde a súa infancia. Entre 1940 e 1951 dedicouse profesionalmente ao comercio de moedas en Boston dun xeito independente, e neste último asociouse con Frank D. Washburn para fundar na mesma cidade a Copley Coin Company, á que se mantivo vinculado ata a súa xubilación en 1966."In Remembrance: Maurice M. Gould". En The Numismatist. Vol. 86. Nº 1. 1976. American Numismatic Association. Páxinas 76-77.
En 1972 foi nomeado director de relacións públicas da ceca privada canadense Lombardo Mint, especializada na cuñaxe de medallas, insignias e fichas comerciais."About our Company". Lombardomint.com Tamén formou parte da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos en 1974.
Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Gould foi presidente da Asociación Numismática de Nova Inglaterra, da Sociedade de Filatélicos e Numismáticos, e da Organización de Numismáticos Internacionais; vicepresidente da American Israel Numismatic Association e da Token and Medal Society, e un dos directores da Real Asociación Numismática do Canadá. Tamén pertenceu á Society of Paper Money Collectors e á Civil War Token Society, e foi un destacado membro da American Numismatic Association, na que ingresou o 1 de setembro de 1937 e a cuxa xunta de gobernadores pasou a pertencer a partir de 1973.
No ámbito editorial, foi editor do TAMS Journal, da Token and Medal Society, e tamén do NASC Quarterly, da Asociación Numismática do Sur de California, a partir de 1967.
A figura de Gould é recoñecida igualmente como autor e divulgador numismático, a través tanto de artigos como de diversos traballos monográficos. Entre outras, encargouse dunha columna semanal titulada "Coin Roundup", que se publicaba en 56 xornais de todo o país. Tamén escribiu artigos para as revistas especializadas como Numismatic News e Coins. Igualmente, foi un dos fundadores e director do Numismatic Literary Guild.
Vida persoal Maurice M. Gould casou con Jean Shapiro o 22 de decembro de 1934, e con ela tivo un fillo e unha filla.Smith, P. (2025). Páxina 180.
Gold marchara a residir en California a partir da súa xubilación en 1966. Alí finou por mor dunha insuficiencia cardíaca o 29 de novembro de 1975, aos 66 anos, nun hospital dos Ánxeles no que ingresara como consecuencia dunha infección pulmonar. As moedas da súa colección persoal foron vendidas polos seus herdeiros nunha poxa organizada pola compañía Sol Taylor, en dúas partes, en 1976 e 1977.Smith, P. (2025). Páxinas 179-180.
Recoñecementos
1970: Medalla de Mérito da American Numismatic Association (ANA). 1973: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."About Us: The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild (nlgonline.org). 1976: Premio Farran Zerbe Memorial, da ANA (a título póstumo)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association (Money.org). 1988: Incluído no Salón da Fama da ANA."Past Numismatic Hall of Fame Inductees". American Numismatic Associatiuon (Money.org).
Publicacións Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Maurice M. Gould ao longo da súa traxectoria:
(1960). Alaska's Coinage Through the Years (con K. Bresset). Whitman Publishing. (1960). Hawaiian Coins, Tokens and Paper Money (con K. Bresset). Whitman Publishing. (1962). Merchant Counterstamps on American Silver Coins. Ovolon Publishing, Wayland. (1962). The Money of Puerto Rico (con L. W. Higgie). Whitman Publishing. (1969). Gould's Gold and Silver Guide to Coins. Fleet Press Corporation, Nova York. ISBN 978-0830300778 (1972). Israel Numismatics and Its Bright Future. American Israel Numismatic Association. (1974). Philippine Emergency and Guerrilla Currency of World War II (con N. Shafer). Western Publishing.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
"In Remembrance: Maurice M. Gould". En The Numismatist. Vol. 86. Nº 1. 1976. American Numismatic Association. Páxinas 76-77. Smith, P. (2025). "Gould, Maurice M.". En American Numismatic Biographies. Páxinas 179-180. Taylor, S. (2005). "Numismatic Giant: Maurice M. Gould, 1909-1975". En The Signal. 26 de novembro.
Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Nados en Boston, Massachusetts CAtegoría:Alumnos da Universidade de Boston Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Membros da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Finados por pneumonía Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes