María del Rosario Suárez Albán, tamén coñecida como Rosario Albán, nada nas Illas Canarias e finada en Salvador (Brasil) o 28 de agosto de 2019 foi unha profesora brasileira e embaixadora da cultura galega no Brasil.

Traxectoria

Naceu nas Canarias cando seus pais viaxaban desde Galicia cara ao Brasil a onde xa emigrara o seu avó desde A Lama. Criose en Salvador en contacto coa colectividade galega na Baía.

Rosario Albán incorporouse ao Instituto de Letras da Universidade Federal da Bahía na década de 1970. Graduouse en letras vernáculas e mestrado en portugués pola Universidade da Bahia -da que foi docente xa desde 1974-. No seu traballo de mestrado (1976) estudou a lingua portuguesa empregada polos galegos de Salvador. Tamén investigou sobre a literatura oral popular e a supervivencia do romanceiro hispánico na tradición oral brasileira. Na universidade e na cidade do Salvador promoveu palestras, cursos, exposicións e representacións teatrais (Os vellos non deben de namorarse) relacionadas coa cultura galega. Foi creando unha escola de estudos galegos na que moita xente se puxo en contacto coa cultura galega (profesoras Anna Lolasco e Fátima Santiago...). Desde os anos 90 colaborou coa Xunta de Galicia en cursos de lingua, literatura e cultura galegas, e na cración do lectorado de galego na Universidade Federal.

En 1995 fundou o Celga, Centro de Estudos de Lingua e Cultura Galegas, que promoveu un simposio internacional en 1998. Tamén estivo detrás do congreso Língua e inmigração na América Latina, organizado en 1996. Xubilouse en 2003 e aínda participou no VIII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, celebrado en Salvador.

Obra sobre a cultura galega

«A presença do Galego na Bahia». In: XIX Congresso Internacional de Lingüística e Filologia Românicas (1989). Santiago de Campostela. Atas. Santiago de Campostela: Barrié de la Maza, 1989. «A inmigración galega na Bahía». Revista da Comisión Galega do V Centenário, (1989). Santiago de Campostela, v. I, n.I, p. 21-47. «Em busca do Romanceiro: seis anos depois». Revista Internacional de Língua Portuguesa (1996). «Ser Galego na Bahia: Ontem e Hoje». In: Simpósio da Língua e Cultura Galegas (1998). Salvador. Língua e Imigração Galegas na América Latina. Salvador: EDUFBA, 1998. v. I. p. 235-246. «Língua e Imigração Galegas na América Latina» (1998). 1ª. ed. Salvador: EDUFBA, 1998. v. I. 246p . «Os Galegos baianos em Salvador» .Revista do Centro Espanhol (1998). Salvador, p. 2 - 2, 01 jul. «Galegos, sempre». A Tarde (caderno cultural), Salvador/BA. «Romanceiro galego na Bahia: sua face lingüística». In: V Congresso Internacional de Estudos Galegos (1999). Trier. V Congresso Internacional de Estudos Galegos. Galícia, 1997. v. II. p. 917-926. «Las Marcas Urbanas de la Presencia Gallega en Salvador». In: 13. Deutscher Hispanistentag (2001). Leipzig. Livro de Resumo do 13. Deutscher Hispanistentag. Leipzig, 2001.

Recoñecementos

En 2015 a súa universidade baiana lle rendeu homenaxe con motivo do vixésimo aniversario da fundación do Celga. En 2015 a Assembleia Legislativa da Bahia en sesión solemne condecorouna coa Comenda do 2 de Julho, a máis alta distinción que outorga o parlamento do estado.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Galega e bahiana. Rosario Suárez Albán e os estudos galegos na Bahía, documental da TVG, 2021

Categoría:Nados no século XX Categoría:Nados nas Canarias Categoría:Brasileiros de ascendencia galega Categoría:Alumnos da Universidade Federal da Bahia