Juan Luis Sánchez, nado en Sevilla en 1983, é un xornalista español coñecido como Juanlu Sánchez. Estudou xornalismo na Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla. Foi cofundador do medio dixital periodismohumano.com e máis tarde de eldiario.es, onde exerce de subdirector e dirixe o podcast Un tema al día, gañador dun Premio Ondas. Tamén colabora habitualmente en varios programas de radio e televisión.

Traxectoria Comezou sendo redactor na Cadena SER e tamén traballou como reporteiro en diversos países como Marrocos, Kosovo, o Sáhara Occidental, a India e Turquía.

En 2010, foi cofundador de periodismohumano.com, un medio dixital sen ánimo de lucro que publicaba informacións baixo a premisa da defensa dos dereitos humanos e do que foi editor até 2012.

Durante a eclosión do movemento 15M, retransmitiu diariamente as protestas que se estaban vivindo en Madrid. Esta cobertura publicouse e foi referencia en diversos medios españois como El País, Cadena SER e La Sexta e en medios internacionais como The New York Times e The Washington Post.

En 2012, foi cofundador do medio dixital eldiario.es, asumindo o posto de subdirector. Neste medio creou a sección Desalambre, dedicada ás migracións e aos dereitos humanos.

Dentro de eldiario.es, dirixe e presenta o podcast diario Un tema al día, onde analiza novas de actualidade e que ten máis de 250.000 subscritores. En 2023, foi galardoado co Premio Ondas ao podcast revelación.

Obras 2012: Actúa: 12 llamadas a la acción frente a la crisis económica, política y social (Editorial Debate)  ISBN: 978-8499921754. 2013: Las 10 mareas del cambio (Editorial Roca) ISBN: 978-84-9918-648-1.

Notas

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Alumnos da Universidade de Sevilla Categoría:Xornalistas de Andalucía Categoría:Premio Ondas